ASOCIACIÓN AMBIENTAL SENDA NOVA

móllate con nos



NOCTURNA 2016


Cantos anos van xa que en Senda Nova temos os comezos de xullo marcados no calendario de actividades. O verán deixanos gozar, doutro xeito,  da natureza máis próxima, de aprender con ela, de adaptarnos ao seu camiñar, de descifrar os códigos máis ambiciosos.

Sen dúbida, a noite é un enfoque ben diferente aos horarios das actividades de primavera que vimos de rematar. Agora, os nenos e nenas que integraron as diferentes accións do curso de Senda Nova, xa teñen experiencia en ver e interpretar a natureza, cando o sol deixa o paso á luz azulada da lúa.

É entón cando pensamos en sentir, en pararse nos exercicios para escoitar e ver a través das pequenas sombras que a lúa nos ofrece. De divisar os faros da Costa da Morte dende un dos balcóns máis fermosos. De observar os vagalumes nas beiras dos camiños, de imaxinar os lobos tras os toxos de Pico de Meda, a carón dos cabalos salvaxes.

Cando somos capaces de sentilos como parte de nos, de imaxinalos con esa fascinación que produce unha especie máis interesante para o estudo que para a erradicación, seremos parte propia dese entorno.

Só sentindonos parte desta natura seremos capaces de chegar e gozar da fermosa velada noctuna que nos ofrece a carballeira onde pernoctaremos.

Xa estamos preparando a mochila para camiñar por un dos lugares máis fermosos.






SERÁN DIVERTIDO. CLAUSURA DA IV ESCOLA AMBIENTAL SENDA NOVA



O sábado día 2 de xullo ás 18:00h na rúa Colombia de Carballo, terá lugar un encontro aberto a todos os públicos, no cal disfrutaremos de xogos tradicionais, unha merenda conxunta, sorteos, premios e sorpresas para os máis cativos para despedir a IV Edición da Escola Ambiental Senda Nova, que se ven celebrando dende o pasado mes de novembro.


A asistencia será libre e gratuita.

Esperámosvos a todos e a todas.


Máis información sendanova@hotmail.com TLF 636326083


7º PRIMAVERA EN RUTA: O PULO PARA AS NOSAS CORREDOIRAS



A historia de cada corredoira ven labrada en anos de traballo nos muros que a enmarcan. En décadas de paso de carros do país e xente en zocas cara a festa do patrón. En séculos de paso de diferentes pobos que uniron aldeas, tradicións...cultura.
Fai xa décadas que cada un destes camiños se detivo no tempo. Abandoados polo motor  e a intelixencia asfáltica e televisiva  dunha  sociedade contemporánea capaz de vender todo a cambio de pouco, de regalar quilómetros de traballo nas pedras e de identidade, á satisfacción e orgullo pola moda destrutiva.

Mais ahí, no mesmo espazo físico, mantense a historia; as pedras;  os carballos, abeleiras, loureiros e buxos, como a axuda autóctona agarrada desesperadamente e con forza con cada unha das súas raíces. Para que o vento contaminado da modernidade non acabe de facelos fuxir por completo, buscan a complicidade, á unidade entre historia, ecoloxía e paisaxe e tamén, como non, ese grupo humano que lles de o sentido ao fin primeiro para o que foi construída: Camiñar.

Sen dúbida, estas sete edicións da PRIMAVERA EN RUTA  non van ser a solución ao abandono físico e sentimental destas vías antigas nesta Costa da Morte. Moi seguro que fai falta unha mentalización social moito máis ampla para chegar a protexelas.

Aínda así, este sétimo programa de rutas ven dicirnos e afianzar aínda máis, a crenza de que a vida dos nosos camiños e o sentimento pola historia, polas pedras e as especies que os enmarcan, depende, en gran medida da xente con compromiso que agarda, parada no camiño e ulindo os loureiros, a explicación sobre a flor feminina dun carballo ou mesmo sobre a pegada dun raposo feita no fondo dun chan lameiro.

Os máis de 300 participantes nestas oito marchas do programa, teñen aínda máis claro que o reduto das corredoiras é un dos que alberga o pouco que nos queda de árbores autóctonos.

A beira dos ríos é outro deses espazos con sombra de árbores galegos, outro dos obxectivos, nos laboriosos e tan pouco apreciados traballos de deseños de percorridos. Son do Anllóns, Ríos de Sofán  ou  Forza do Río Chonia, representan as viaxes fora do asfalto e a carón dos ríos galegos. Uns ríos aos que lle estamos sacando diariamente  identidade e espazo no formigonado das súas beiras, na eliminación da vexetación de ribeira.

As demais rutas deste programa divídense entre o noso interior: Como Coristanco Histórico, Terras altas de Soneira ou Ruta das Mámoas; e a nosa costa, representada en Camiños de Caión e Costa Agreste de Cerqueda e Cambre.

Seguir organizando, aprendendo e gozando da nosa paisaxe é a premisa, para espallar o que se poida, a idea de que nesta mesma terra, temos o tesouro que necesitamos. Por iso agradecer a colaboración dos concellos da Laracha, Zas, Malpica de Bergantiños, Coristanco e Carballo, así como todas as demais entidades e persoeiros que axudades a escanear o mellor posible este recuncho de Europa.

Se na mesma caravana multicor de cada unha das marchas, seguimos contando co pulo destes participantes e , sobre todo, desta rapazada coa que seguimos a gozar, ben seguro que o futuro será un chisquiño mellor.





CONTINÚAN AS SEMANAS DE NATUREZA E PAISAXE

OBRADOIRO DE OBSERVACIÓN E CONVIVENCIA

O venres día 3 de xullo, retomamos as actividades das Semanas de Natureza e Paisaxe, cun Obradoiro de Observación e convivencia para nenos e nenas maiores de 7 anos (menores de 7 acompañados de un adulto). 

A actividade dará comezo as 19:00h e levaranse a cabo diversas dinámicas e actividades na natureza, como unha pequena ruta de sendeirismo, xogos, cea conxunta a beira do candil, e finalmente pernoctaremos todos xuntos ao aire libre.

Unha actividade divertida e amena que achegará aos máis pequenos a novas experiencias e a un contacto pleno co seu entorno. O sábado despois de almorzar darase por finalizada a actividade.

OBRADOIRO DE CESTERÍA

Para a vindeira semana, o día 11 de xuño terá lugar un obradoiro de cesteiría tamén para os máis pequenos, será en Montemaior (A Laracha), das mans de María, cesteira de toda a vida, que sempre nos deleita coas súas creacións cando a visitamos no roteiro de sendeirismo da Senda das Capelas. A actividade nace co obxectivo de poñer en valor e darlle a coñecer aos nenos e nenas un oficio tan antigo como este, e que se atopa en regresión. Polo que o sábado pola mañán María ensinaranos aos pequenos e maiores os aspectos máis básicos dos seus traballos.

CAMIÑANDO CARA A AUTOXESTIÓN

Finalmente, os días 17,18 e 19 de xuño remataremos as Semanas de Natureza e Paisaxe cunha actividade que nos achegará de primeira man ao camiño a seguir cara a autosuficiencia e a autoxestión, de man dos veciños e veciñas de Ernes (negueira de Muñiz). A actividade dara comezo o venres a primeira hora da tarde e rematará o domingo pola noite. Está orientada a persoas de todas as idades.

Para asistir haberá que apuntarse previamente e pagar a cuota correspondente:

Nenos e nenas socios e membros da Escola Ambiental de Senda Nova: 30 euros

Nenos/as Non socios e Maiores de idade Socios: 40 euros

Maiores de idade Non socios: 50 euros

Para máis información e apuntamentos contactar no número 636326083 ou enviando un email a sendanova@hotmail.com


RECTA FINAL DA 7º PRIMAVERA EN RUTA


Co mes de maio chega o final dunha 7º edición do programa máis antigo de Senda Nova.

Atrás quedaron 126 quilómetros que enlazaron o patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico das comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes a través de máis de 150 paradas interpretativas de coñecemento e posta en valor de castros, mámoas, pontes, pazos... e innumerables tesouros espallados polo valeroso chan da Costa da Morte.

Andainas na confluencia das comarcas de Bergantiños e Soneira como Coristanco Histórico, cunha boa morea de paradas interpretativas, incluso en museos como o de Asunción Antelo. Unha ruta de interior cargada de esforzo físico polos desniveis e a lama do camiño e tamén de historia en cada curva do camiño mostrada nas torres de Nogueira, minas de wolframio ou petóns como o de Ferreira.


Empapándonos de patrimonio megalítico en Cabana de Bergantiños coa Rutas das Mámoas. Un itinerario que tamén nos ofrece lugares espectaculares como o pozo da Orca.

Marchas a carón da costa bergantiñá máis agreste, pola própia Costa Agreste de Cerqueda e Cambre, visitando lugares espectaculares dende o punto de vista paisaxístico como a Devesa dos Conventos, muíños de Riveira, praia do Riás...e tamén de interese cultural como o castro da Croa de Cerqueda ou o Pazo de Loroxo.


Percorremos os Camiños de Caión, nunha das rutas que, con Coristanco Histórico, máis participantes gozaron. Case medio cento de persoas camiñaron pola parroquia larachesa e polo territorio que dependíu durante moitos anos da vila mariñeira. Unha viaxe polos camiños dos pelegríns, polo son das ondas e polo patrimonio histórico que garda Caión.


Camiñamos na comarca de Ordes pola Forza do Río Chonia. Paraxes espectaculares onde se mesturan perfectamene a vexetación de riveira, o forte son do curso baixo do Chonia, batáns, muíños e a beleza de Pazos como o de Restande ou a historia de lugares como Lestrove.


E no país dos mil ríos, Ríos de Sofán. Un deseño a través da lama de zonas inundables, dos máis de 20 muíños que divisamos, de castros como o de Periscal ou Guntián...de fábricas onde o tempo se detivo como o curtidoiro de Tarambollo. Mesmo covas sen explorar. 22 quilómetros de persoalidade propia que nos abren paso á última das andainas.

O SON DO ANLLÓNS  ía ser a ruta que abrira o programa e que non puido celebrarse polo desbordamento do río de Bergantiños. Dende a própia parroquia de Sísamo e na presentación deste proxecto que agora remata, quixemos seguir poñendo en valor o cauce fluvial máis importante de Bergantiños dende unha parroquia tan achegada a el.  Percorrer este tramo do domingo é moi importante, tanto como o traballo que seguimos a realizar para intentar que este tramo sexa o punto de inicio para  un percorrido polos máis de 50 quilómetros de cauce total. Neso estamos e neso seguimos.

O domingo pecharemos unha nova edición deste escaneo do territorio a través de traballo, ilusión, interpretación e case 400 participacións ata o de agora.

O Anllóns será o finpra seguir,  para seguir co seu legado.







O SON DO ANLLÓNS

 

Sísamo era anfitrión este ano da presentación desta PRIMAVERA EN RUTA. Esta 7º edición abriase na parroquia carballesa porque, mesmo nela,  se debuxaba un  percorrido ao que lle queríamos dar unha merecida importancia: O SON DO ANLLÓNS

O deseño camiña polas beiras do tramo  máis brincadeiro e sonoro, dos máis de medio cento de quilómetros polos que, o río de Bergantiños, rega as chairas máis fértiles de Galicia. 

A xuntanza de Sísamo e as enchentas desa semana serviron para aprazar a ruta para o día 29 de maio e para a reflexión sobre o formigonado das zonas inundables do río ao seu paso por Carballo. Tamén quixemos que servira para seguir coa idea de sinalizar, dun xeito homologado, un sendeiro que xunte as agras de Bergantiños a través da vida do Río Anllóns. Que percorra o mesmo na súa totalidade dende o nacemento ata a súa xuntanza co mar. Dende Senda Nova seguimos a traballar na fermosa proposta que, coidamos, co apoio dos concellos de Bergantiños, pode saír adiante.

A través dos cauces fluviais mantívose unha importante área de vexetación autóctona. A viaxe polas retortas (ángulos, angulus, anllóns) é unha viaxe fora do asfalto, formigón ou madeira exótica. Unha actividade que, desenvolvendoa dun xeito interpretativo, pode ser un  aprendizaxe a través da flora e da fauna. Un coñecemento etnográfico ao longo de muíños. Un agasallo aos sentidos dun lugar de protección europea.

Percorrer Bergantiños a través do Anllóns é facelo a través do corazón físico e sentimental dunha comarca de referencia. É facelo a carón  dun entorno natural, que por natural é cambiante. É sentir Bergantiños dende a adaptación ao medio e non o medio aos zapatos de paseo.

Asumir que a propia natureza está porriba de nos é interpretala ao dereito. Ganarlle terreo á zona de influencia do río a través de bataias con formigón, pasarelas de madeira, asfalto ou zaorra soe ser perder a guerra da dignidade, da ecoloxía e do sentimento.

O propio río márcanos o ritmo dos tempos, ábrenos o telón dunha nova función en cada estación do ano, en cada retorta, cada semana ou cada día. Unha lección total de Bergantiños na que, ás veces, as botas de sendeirismo non nos cheguen para camiñar por unha zona totalmente inundada. Asumiremos que eses días, o río  nos ofrece cambiar de itinerario. Quizás observar aves no veciño Baldaio. Ao mellor, escoitar algúnha historia de inverno a carón da lareira. Nesa adaptación ao entorno tamén está parte da sabiduría.

O día 29 de maio visitamoste de novo. Agardamos o teñas a ben.


ACHEGÁNDONOS AO CABALO GALEGO



O local social de Seavia, foi o encargado de acoller a primeira actividade das II Semanas de Natureza e Paisaxe. Varias ducias de persoas achegáronse a coñecer o papel do cabalo galego na conservación da paisaxe de man do biólogo e membro da asociación PURAGA, Antón Vázquez.

A xornada comezou coa visualización de varios videos que serviron como introducción ao que a continuación ía expoñer Antón, sobre a importancia que ten o Cabalo Galego na conservación da paisaxe galega tal e como a coñecemos.

Non só a paisaxe se ve positivamente afectada polo papel do Cabalo Galego, se non a biodiversidade e a ecoloxía dos espazos que este animal axuda a preservar.

Foron moitas e variadas as preguntas e conclusións que os asistentes achegaron ao remate da sesión, pechando así a xornada.

Mañán, domingo día 8, terá lugar a ruta de sendeirismo Terras Altas de Soneira, enmarcada no programa de actividades VII Primavera en Ruta da entidade, e na cal aproveitaremos para seguir co estudo do cabalo galego, observandoo dende Pico de Meda, no concello de Zas, onde aínda son moitos os exemplares de cabalo galego que se atopan en liberdade no monte.


A programación da entidade segue, tendo lugar o día 15 o roteiro de sendeirismo Camiños de Caión, e o día 17 a ruta A Forza do Rio Chonia. Será o día 21 de maio, cando volte a actividade das Semanas de Natureza e Paisaxe, colaborando nunha prantación conxunta organizada pola asociación de veciños Monte d'Arxa de Cerqueda, onde todos xuntos apadriñaremos varios exemplares de carballos co obxectivo de repoboar unha antiga carballeira que se atopa preto da igrexa de Cerqueda.

Agradecer unha vez máis a todas as persoas e entidades que fan posibles que esta e todas e cada unha das actividades saian adiante, hoxe agradecer especialmente a Asociación Cultural San Mamede de Seavia e a Antón Vazquez de PURAGA a súa gran labor para facernos desfrutar de unha xornada tan proveitosa.

Esperámosvos a todos e a todas nas vindeiras actividades!



ARRINCAN AS 2ª SEMANAS DE NATUREZA E PAISAXE

descarga o cartaz aquí


Onte día 3 de Maio do 2016, tivo lugar a presentación  das 2ª Semanas de Natureza e Paisaxe, no local social da Brea.


Comeza de novo un proxecto que acolle actividades moi diferentes e variadas que nacen grazas ás ideas e a colaboración de moitas persoas e entidades.

 

Durante os meses de maio e xuño desenvolveranse charlas, obradoiros de cesteiría e de convivencia, prantacións de árbores, e actividades nas que nos achegaremos a outras formas de vida, e ao aprobeitamento sostible e respetuoso dos recursos naturais.

 

Daremos comezo a estas actividades este vindeiro sábado día 7 de maio, coa primeira delas “Achegándonos ao Cabalo Galego”, unha actividade que nos levará a coñecer máis de preto as carcaterísticas e particularidades do cabalo e galego e o seu papel na conservación da paisaxe e da biodiversidade, da man de Antón Vázquez. A cita terá lugar no Local Social de Seavia ás 10:30h e a entrada será libre.

 

De xeito periódico, facilitaremos máis  información sobre as vindeiras actividades que compoñen o programa.

 

Agradecer unha vez máis ás entidades e persoas colaboradoras desta xeira de actividades, que facedes posibles esta nova edición das Semanas de Natureza e Paisaxe.

 

Máis info: sendanova@hotmail.com  636326083 ou no facebook.


PRESENTACIÓN DAS II SEMANAS DE NATUREZA E PAISAXE



O vindeiro martes día 3 de maio ás 19:30 horas, terá lugar no local social de A Brea a presentación da II edición das Semanas de Natureza e Paisaxe

Un programa de actividades, paralelo a Primavera en Ruta que pretende seguir achegándonos á natureza, aos recursos naturais e á nosa paisaxe, a través de diversas e variadas actividades para todos os gustos e idades. Todas elas son posibles grazas a colaboración de moitas persoas e entidades.

Se queres participar e informarte de todas e cada unha das actividades que se van a realizar, achégate o vindeiro martes ao Local Social de A Brea ás 19:30h. Agardámoste!! 



BOTASE A ANDAR A 7º PRIMAVERA EN RUTA


-A CAUSA DO DESBORDAMENTO DO RÍO ANLLÓNS QUEDA APRAZADA O PRIMEIRO ROTEIRO " O SON DO ANLLÓNS" DO DÍA 3 DE ABRIL. POSPONSE PARA O 29 DE MAIO.

-A Causa das condicións meteorolóxicas e a alerta laranxa do día 10 de abril, queda aprazada a ruta "A Forza do Rio Chonia", posponse para o día  17 de maio.



O local social se Sísamo, acolleu na tarde-noite de hoxe a presentación da 7º PRIMAVERA EN RUTA, unha edición que mantén claros os obxectivos cos que naceu o programa máis antigo dos nosos dez anos de historia.

Oito rutas cargadas de paisaxe, ecoloxía e cultura. De corredoiras e de compromiso.

Un encaixe de bolillos perfeto entre persoeiros das parroquias, Protección Civil, concellos, participantes e voluntari@s de Senda Nova.

No material gráfico adxunto tedes a información precisa para as inscripcións, lugares de pauntamento, de saída...etc...

Agradecer ás case 30 persoas que vos déchedes cita hoxe en Sísamo neste repaso de contidos e filosofía dun programa que se fai maior. De xeito especial aos socios e socias da Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo pola acollida e todas as facilidades para o acto de presentación.

Agradecementos tamén aos concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica de Bergantiños e Zas, así como a Protección Civil de Carballo pola colaboración nunha edición máis do proxecto.

AQUÍ TEDES TODA A INFORMACIÓN DO PROXECTO


·   O SON DO ANLLÓNS     ( Bergantiños)

3 abril

Distancia aproximada    21 km

Dificultade media-baixa

 

A FORZA DO RÍO CHONIA   ( Trazo)

10 abril

Distancia aproximada           22 km

Dificultade  media

 

  COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE  

 ( Malpica de Bergantiños)

17 abril

Distancia aproximada  17 km

Dificultade media-baixa

 

 CORISTANCO HISTÓRICO    ( Coristanco)

24 abril

Distancia aproximada  21 km

Dificultade media

 

 RUTA DAS MÁMOAS   ( Cabana de Bergantiños)

1 maio

Distancia aproximada   16 km

Dificultade media-baixa

 

·   TERRAS ALTAS DE SONEIRA     (Zas)

 ( duas variantes, apta para cadeiras de rodas)

 

8 maio

Distancia aproximada      19km

Dificultade media

 

 CAMIÑOS DE CAIÓN        (A Laracha)

15 maio

Distancia aproximada      15 km

Dificultade media-baixa

 

   RÍOS DE SOFÁN       ( Carballo)

22 maio

Distancia aproximada  22 km.

Dificultade media

 

 

 

OS NOSOS OBXECTIVOS

 

Dar a coñecer o noso patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico. O camiñar fora do asfalto é unha boa forma de facelo.

 

Tamén, como non, fomentar o espírito de convivencia e os hábitos ecolóxicos, así como o deporte no medio natural.

 

CON ESAS PREMISAS, FACÉMOLO ASÍ

 

•    Todos os roteiros serán de xornada completa, dependendo a hora de chegada do volume de xente, das características de deseño do roteiro, da interpretación do mesmo...etc.

•    Encargámonos nos do avituallamento. Repartimolo ao comezo da marcha e comemolo xuntos durante a ruta

•    Encargámonos do transporte dos participantes dende os lugares de saída ata os sitios de comezo da marcha e de volta ós mesmos sitios despois do remate de cada actividade.

•    Con paradas para a interpretación do patrimonio, a paisaxe…etc… e para un mellor desenvolvemento da actividade deportiva sendeirista.

•    Camiñando en grupo.

•    Aprendendo con Evaristo.

•    A través de dinámicas de grupo.

 

LEMBRA SEMPRE

 

            Puntualidade

•    Que entre todos temos e debemos de sacarlle o máximo partido a cada ruta, parando e interpretando todo o séu patrimonio. Escoita e aporta, é necesario.

•    Levar sempre aceso o espírito de convivenza. Sé comprensivo cós problemas dos demáis participantes e da organización.

•    Respectar as normas da organización e dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil.

•    Calzado axeitado ( a poder ser con membrana impermeable, pode haber lama), roupa axeitada, mochila, impermeable, navalla, gorra, protección solar, cámara de fotos…etc.

•    Que para unha mellor interpretación dos percorridos e polo coidado do entorno, nalgúns roteiros as prazas poden ser limitadas.

•    Que as actividades poden sufrir modificacións.

 

 

 

 INSCRIPCIÓNS

 

Lugares de inscripcións:

 

Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar                      luns a venres  de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Praza do Concello s/n  2º andar                                        luns a venres   de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Coristanco

Rua da pataca s/n   1º andar                                                luns a venres de 9:30 a 13.30h

 

Centro sociocultural de Zas:                                           luns a venres de 9:30 a 13:30h

 

Centro sociocultural de Baio:                                        mércores, xoves e venres de 17 a 20h

 

Pazo da Cultura de  Carballo                                              mércores, xoves e venres de 17 a 20h

 

 

Data límite de inscripción:

Ata 2 días antes de cada roteiro

 

Prezos:

Non soci@s:  Maiores de idade: 6 €    Menores de idade 3€

Soci@s: Maiores de idade 6€            Menores de idade 1€

 

 

Lugares de saída:

 

Paiosaco: parada de bus

A Laracha: diante do concello

Carballo: rúa Venezuela

Malpica: diante do concello

Coristanco: diante do concello

A Agualada: quiosco

Baio: parada de bus

Zas: diante do concello

 

 

MÁIS INFORMACION

 

www.sendanova.org

sendanova@hotmail.com

tf 696155232

facebook.( ou a “F” de facebook)



 

  

 

 





Así foron as XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 2016


Outro inverno máis remata e con el despedimos as Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016.

Puxémoslles fin co DÍA DA ÁRBORE, actividade que se leva realizando case dende os comezos, xa fai unha década.

Unha plantación na que vos reunistes nenas, nenos e incluso ata familias enteiras; e entre os máis de 40 participantes que vos achegastes o Rego da Balsa puidémoslles dar un novo fogar a máis de 30 árbores de especies autóctonas nas que se atopaban carballos, acivros, salgueiros e ata algunha nogueira. Moitos deles cedidos pola ASOCIACIÓN DE VECIÑOS A FONTE SALGUEIRA DE VILELA-ENTRECRUCES.

Con esta plantación o que intentamos é fomentar, deste xeito, a labor do bosque autóctono. Unha actividade de sensibilización, sobre todo, para nenos e nenas; xa que nos últimos tempos as presións urbanísticas e os cambios no sistema económico, así como os incendios forestais (relacionados cos demais factores) fan que o bosque autóctono en Galicia sexa en moitos lugares só testemuñal.

 Outra das actividades que se incluíron dentro deste programa foron tres documentais: “Amazonía Carbonizada”, “Green” e “Marcha Atrás”.  Proxeccións emprestadas  polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), que pretendían o achegamento a diferentes problemáticas en bosques autóctonos de diferentes partes do mundo coa posta en común coas ameazas que está a sufrir o bosque autóctono galego.

E como un dos soportes desta asociación son as saídas por roteiros deseñados para ser  interpretados, nestas xornadas non podía faltar a visita a Ribeira da Pena, un dos bosques mellor conservados da zona, cun territorio formado por unhas 80 hectáreas e que está constituído por un importante número de vexetación autóctona.

E a saída o Río Bardoso-Berbia un claro exemplo dun excelente patrimonio ben conservado, aínda que cada vez máis engulido por especies invasoras como o eucalipto e a acacia. E no que tamén podemos atopar un valioso fento de escasa evolución e que ten orixe fai 65 millóns de anos.

Cun total de participación de arredor dunhas 200 persoas e unha valoración moi positiva podemos concluír que un ano máis aportamos o noso gran para seguir conservando os nosos valiosos bosque, para continuar mantendo a cultura e historia dun pobo que van ligadas a estas especies autóctonas que plantamos hoxe, e para que poidamos seguir aproveitando os seus recursos  como fixeron os nosos pais e avós que foron capaces de deixarllos de pais a fillos ata case a actualidade.

Os nosos bosque, un recurso polo que temos que loitar!

Ángela Cambón





volven as andainas

VEN  A 7º PRIMAVERA EN RUTA

Unha nova edición do proxecto máis antigo de Senda Nova. Unha nova edición de roteiros interpretativos.

Dende Sísamo presentaremos o programa coa presenza de colaboradores, organizadores, participantes e tod@s @s que vos queirades achegar para coñecer os obxectivos, lugares de saída, roteiros.... e tamén pasar un tempo agradable con compañeiros de andainas.

QUE SEPAS QUE COMEZAN O DÍA 3 DE ABRIL

Botas preparadas que comezamos!.





DÍA DA ÁRBORE 2016 20 marzo




O Rego da Balsa de Carballo ( cerca do IES Parga Pondal), recibirá a visita de todos cantos participantes desexen contribuír a unha plantación de especies autóctonas coincidindo co DÍA DA ÁRBORE 2016, nestas XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 16.


No acto, colabora o Concello de Carballo e a Asociación de Veciños a Fonte Salgueira de Vilela-Entrecruces.

Nas marxes do río plantaranse decenas de exemplares de varias especies de árbores autóctonas.

O acto é xa algo fixo no calendario de Senda Nova, manténdose ano tras ano dende fai case unha década. A acción ten un claro compoñente simbólico e de sensibilización, sobre todo con nenos e nenas, que acompañan aos proxenitores nun evento familiar.

Para participar e axudar na plantación, non tes máis que achegarte ás 11h ao lugar co teu cubo e a túa pá.


Alí te agardamos.

domingo 20 marzo 11h. Rego da Balsa. Estrada de Razo.






O RÍO BARDOSO E A BERBIA RECIBEN A SENDA NOVA



O pasado domingo día 13 adiantouse a primavera á data prevista. Os máis de corenta participantes nunha nova actividade das XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 16  desprazaronse ao concello da Laracha para percorrer o tramo alto do río Bardoso recentemente acondicionado polo Concello da Laracha. Na parroquia de Montemaior puidemos percorrer, nun expléndido día e de muíño en muíño, un fermoso tramo de cauce saltarín que se desploma das partes máis altas da parroquia larachesa, para perderse na veciña Sofán. Este tramo posúe unha importante variedade de vexetación de ribeira pero ademais, sementa de vexetación autóctona por ambas marxes nun ancho considerable. As especies  de folla caduca e peremne máis representativas do noso clima, deixan pegada constante no chan de Montemaior. Para indicios de fauna, os participantes, moitos deles, nenos e nenas, tiveron que facer o interesante esforzo do gran observador, para estudar os sinais de xabarín e de porco teixo que se manifestaban en defecacións, pegadas e incluso bastos pelos de porco bravo.

Os muíños forman un interesante patrimonio etnográfico. Moitos deles atópanse aínda coas principais pezas que forman o perfeto engranaxe das construccións. 


A quenda da tarde for parar a Entrecruces. O bosque da Berbia vertébrase arredor do rego que leva o nome, tamén cantarín por mor dos saltos de auga que caen do macizo do veciño Monte do Castelo.

A pesares da forte presenza de acacias, o espazo segue a ser espectacular. As pendentes considerables mantiveron unha importante presenza de carballos, castiñeiros, acivros, loureiros e o WOODWARDIA RADICANS, ese milenario fento, que resistíu ás glaciacións e que se atopa hoxe en día como especie vulnerable. O fento, que  necesita da cobertura arbórea autóctona para sobrevivir, tamén necesita moita humidade, algo que, indubidablemente, atopa na Berbia.

A volta polo bosque rematou coa baixada por unha fermosa corredoira antiga que nos devolveu ao autobús de viaxe de volta. Unha fermosa xornada xa, de primavera.


Lembrade o vindeiro martes 15, pecharemos ás 20 h a serie de documentais " Butaca Verde" coa proxección "Marcha Atras". E que o domingo 20 pecharemos as xornadas co DÍA DA ÁRBORE, coa prantación de especies autóctonas en Carballo. Aberto a todos e todas.



Os documentais e a saída polo

bosque da Ribeira da Pena abren as

XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 2016




Arrincan as XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 2016. Un programa específico de posta en valor dos bosques no que, ano tras ano, intentamos poñer en valor, sobre todo o bosque autóctono atlántico e a sensibilización, sobre todo, dos espazos máis achegados na nosa xeografía.

AMAZONÍA CARBONIZADA

O documental ven de proxectarse na Biblioteca Rego da Balsa o pasado día 1 de Marzo. Supón un achegamento ás problemáticas do espazo verde maior. O achegamento faise a través da visión indíxena e de como, a través destes ollos se ve a destrucción do Amazonas.

As conclusións poñen de relevo as coincidencias coas problemáticas locais, sobre todo no que ten que ver coa mentalización e sicoloxía para avalar proxectos destructivos do medio. Deste xeito, sempre detrás destas defensas está a palabra "progreso".


CAMIÑOS DE ALDEMUNDE

A camiñada por este roteiro deseñado por membros da entidade é un dos máis clásicos nas rutas de sendeirismo, percorre por completo o Bosque da Ribeira da Pena. Intentamos achegarnos ao que foi a saída a través do seguinte texto:


A RIBEIRA CON PENA


Corenta persoas decidiron pasar as primeiras friaxes de marzo e a a ameazante climatoloxía bergantiñán, nun dos espazos máis humidos da Costa da Morte.

Comezouse  no Toural, na parroquia de Rodís, a tradicional andaina que, ano tras ano, corta a cinta para inagurar, un ano máis ,  a tempada de camiñadas  interpretativas da Asociación Ambiental Senda Nova. OS CAMIÑOS DE ALDEMUNDE  crean afición. Trátase dun percorrido cheo de máxia, de obstáculos que arman de valor ao camiñante e reconfortan a autoestima despois da superación continua. Moito máis que gañarlle a partida ás silvas ou ás pólas que, nun continuo exemplo de fortaleza vital, seguen a pechar o camiño ano tras ano.

Intégrase ben a fortaleza humana neste espazo. A de aqueles terc@s voluntari@s de Senda Nova que  amplian o roteiro no bosque, a base dunhas pontes artesanais imprescindibles para avanzar no terreo costento dun dos bosques mellor conservados da Costa da Morte.  Pontes sobre o río Abeleira que acaba por rendirse á chaira bergantiñán e descolgarse á mesma, bravo e saltarín, dende a meseta de Ordes. Pontes cara a sensibilización ecolóxica, cara un sentimento que mira e admira  un bosque que representa moitísimo nos dez anos de historia da entidade.

Centímetro a centímetro perdémonos na media ducia de metros contemplando o escalar do mofo polas cortizas dos bidueiros. En realidade o mofo omnipresente é un dos tantos sinais de identidade nas case que oitenta hectáreas de humidade e de luz especial. Mais o que o fai grande é a cantidade de especies que alí viven e que completan  unha amplísima variedade de flora, un auténtico espazo metodolóxico para o nutrido grupo de rapaces e rapazas da Escola Ambiental, que non necesitan máis que a observación e o escoitar do bosque para levar a súa pegada a través das sementes de castiñeiro, de multitude de especies vexetais en forma de representativas follas secas de bidueiro, castiñeiro, carballo, abeleira, ameneiro, salgueiro... mesmo as que, con folla perenne, serven de acubillo para os animais do bosque en tempos de frío, como a silvarda, o loureiro ou mesmo o acivro. Abondosos exemplos de especies que ocupan, cada unha, un determinado espazo vertical. Complementandose, necesitando unhas doutras, en perfecta sociedade.

Ben vimos que o eucalipto e máis aínda, as especies  máis agresivas, non teñen cabida e, menos aínda, nun espazo como este.

A pesares disto e despois de camiñar centos de quilómetros cada ano nos roteiros de sendeirismo vemos que é precisamente este lugar un dos máis atacados pola introdución destes cultivos.

É conciencialmente aterrador facer balance da Ribeira da Pena cada ano e en términos globais.

Fai anos denunciabamos unha  proliferación de rutas con quands, hoxe superada.

Fai menos tempo, as cortas de grandes superficies de carballeiras formadas saltaban aos ollos dos camiñantes ao comezo da primavera. Cortas que levaron a madeira de máis perimetro e deixaron o monte cheo de pólas e mato de silva. E dende sempre e, nunha contínua e acelerada conquista abusiva que chegou por fin ao río Abeleira  (arteria principal do bosque) ,  os eucaliptos.

O corazón dun dos espazos de vexetación autóctona máis importantes está ferido  con prantacións, sobre todo dun eucalipto Regnans, que se expande como as auténticas pragas. Que devora a ecoloxía do bosque autóctono.

Comprobamolo ao observar que as zonas queimadas concentranse nas de eucalipto. Que debaixo da súa follaxe non existe ningunha variedade de flora. Que as súas raices nun terreo deste estilo non son capaces de aguantar o enorme porte e altura dos exemplares, sendo vítimas do vento e rematando por desmoronarse, ladeira abaixo, sobre a vida doutros exemplares, mesmo especies autóctonas.

Deste xeito, hai zonas donde a acumulación de madeira seca  é realmente impactante, sobre todo pola caida de enormes exemplares de especies foráneas. Deste xeito, o río, como zona máis baixa, vese afectado nun cauce que, en épocas de enchenta arrastra con el toneladas de madeira que é capaz de tirar con pontes. Un exemplo é a  ponte antiga de pedra que cruzaba a Ribeira no camiño que uníu Aldemunde coa veciña Cerceda nunha desas fermosas corredoiras que tamén se liquidan dun plumazo e se converten en pista, co ánimo de meter maquinaria pesada para as plantacións.

Na beira de Cerceda as rezentes plantacións levan a este eucalipto ata mesmo río Abeleira, quedando só o espazo do pequeno muíño sen plantar. A apertura de pistas e a curta indiscriminada noutras tinzas da mesma beira dereita, fan pensar en actuacións similares.

Pero as plantacións de eucalipto mesmo chegan ao castro de Aldemunde. Un quilómetro fora do bosque tamén foi levada esta especie,  que atopou lugar dentro do recinto castrexo e mesmo nas muraias defensivas exteriores. En clara contraposición a outros usos tradicionais de leiras  veciñas, as prantacións deste tipo e máis nestes lugares son certamente indefendibles, aparte claro está, da legalidade vixente.

Certamente é un problema de sensibilización que dubido se solucione con cargas económicas para veciños e veciñas, eso si, estamos na hora de retirar e de dar marcha atrás e alguén ten que facelo cumprir.


E toda esta pena que ano tras ano se agranda con novas actuacións, ten como contraposición a visita a Jesús de Regueiro, un deses homes que tanto nos aporta cada ano e que tanto dou a Senda Nova. A coñecida historia do seu muíño continua. Segue a moer co coidado e agarimo do seu dono que o segue a utilizar como ferramenta para darlle os coidados ao seu gando. Un gando que manten de xeito tradicional e que fai que as leiras se sigan mantendo e non se volvan silvas. Unha clara aposta polo mantemento do nosos rural.


E a ruta seguíu, non sen antes comprobar a pegada da fauna. Unha pegada que admiraron o animoso grupo dos máis novos, unhas sinais en forma de deposicións de raposo, en forma de pegada de xabarín, da fozada de porco teixo. Incluso o lobo se deixou intuir en forma de defecación. Este si é o exemplo da vida.


A ruta acababa porque xa clagabamos ao dolmen da Pedra Moura. O fin estaba no monumento megalítico por excelencia dentro do concello de Carballo.

Atras quedou unha visión da paisaxe máis espectacular. Un pequeno percorrido que segue a albergar vida e esperanza e que ten, en pouco anaco, un importante patrimonio a visitar. Sen dúbida, non teremos sempre a sorte de facelo con Xan Fernández Carrera, unha  das persoas que nos marcou unha senda ven visible para a posta en valor da Costa da Morte e ao cal lle damos as grazas por iso e polas explicacións desta fermosa e chuviosa mañán de domingo.







XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 2016



Un ano máis, ao comezo da primavera, achegámonos ao bosque autóctono, principalmente dende un punto de vista práctico. As XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 2016 seguen a premisa de edicións anteriores. É precisamente nesta época, fai xusto dez anos, comezaba os seus pasos esta entidade. Os bosques sempre foron lugar de lembranza e parada nas diferentes actividades que, durante todos este anos, fomos texendo.

Nun principio, as actividades específicas para  posta en valor do bosque autóctono, centrábanse na época de outono, pero estas actividades foron, pouco a pouco, tendo oco nos lindes entre o inverno e a estación das flores.

En todos estes anos o pouco bosque autóctono que nos queda na Costa da Morte foi reducindose e mantense ameazado por diversos condicionantes. Estas circustancias e a crenza da necesidade de pontenciar con todas as forzas o mantemento das masas autóctonas en bó estado de conservación, fainos seguir na organización deste tipo de actividades para todos os públicos e, de xeito especial, co traballo de sensibilización dos rapaces e rapazas.


PROGRAMA


O BOSQUE NA BUTACA VERDE


Dentro das Xornadas de Interpretación dos Bosques 2016 presentamos esta serie de documentais do arquivo do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia ( CEIDA) .  Con elo pretendemos o achegamento a diferentes problemáticas en bosques autóctonos  de diferentes partes do mundo  de  e a posta en común coas ameazas do bosque autóctono galego.

 

AMAZONÍA CARBONIZADA martes 1 marzo 20:00h.

Amazonia carbonizada Carlos García Paret, Ramón Alegre, 2011, 50 minutos

Pensamento global, actuacións locais. Poderemos comprobar problemáticas moi comúns a diferentes zonas da terra e poñelas en común coas que coñecemos no noso entorno.

SINOPSIS:. Actualmente esta zona se coloca no epicentro das negociacións internacionais que buscan un acordo global para atallar o cambio climático. A Amazonía enfróntase a outras feridas como a crueldade, o asesinato e a depredación da súa cultura indíxena e da súa biodiversidade.

 

GREEN      xoves 10 marzo 20:00h.

Green Patrick Rouxel, 2009, 48 minutos

De onde veñen moitos produtos que utilizamos a diario? Quizá comprobando poidamos acadar condutas máis ecolóxicas.

SINOPSIS: Green narra as consecuencias da deforestación en Indonesia a través dos ollos dunha femia de orangután que foi rescatada en condicións extremas. Este problema, ademais de producir grandes danos ambientais, está a causar a acelerada perda dunha das especies de primate máis cercana a nós, o orangután.

 

MARCHA ATRÁS    martes 15 marzo  20:00h.

Ecologistas en Acción, 2009, 30 minutos

Escapar das modas e poder ter unha conducción máis eficiente, mesmo mercar vehiculos máis adaptados ao uso que lle imos dar.

SINOPSIS: Cada vez con maior frecuencia vemos vehículos 4x4 nas nosas rúas e carreteras. O todoterreo pasou de ser un vehículo para o traballo profesional no campo a un vehículo de uso diario, que se asocia a valores como a liberación, o estatus, o salvaxe, o poder ou a seguridade. Este documental analiza o noso modelo de transporte a través dos vehículos 4x4 e a cultura do motor.

 

Organiza: A. Ambiental Senda Nova       Colabora: CEIDA, Concello de Carballo.

Biblioteca Rego da Balsa . Entrada libre ata completar aforo       INFO  www.sendanova.org




SENDEIRISMO

O sendeirismo segue a ser unha ferramenta perfecta para o achegamento ao bosque autóctono mais cercano. Co compromiso de potenciar o noso entorno máis próximo e, neste caso, as manchas boscosas máis prezadas das nosas comarcas, achegamonos dende camiñadas amenas e interpretativas ás especies arbóreas de Bergantiños.


CAMIÑOS DE ALDEMUNDE 6 de marzo

É unha ruta que toca os concellos de Cerceda, Carballo e Tordoia. Cruza case por completo un dos bosques mellor conservados da zona: A Ribeira da Pena. É un territorio dunhas 80h. vertebrado polo río Abelleira que cae dende a meseta de Ordes á chaira de Bergantiños dun xeito saltarín. O espazo mantén unha altísima humidade e ten representadas multitude de prantas autóctonas como a silvarda, abeleira, castiñeiro, carballo, acivro, ameneiro... Nel ten acubillo a fauna máis representativa. Puidemos ver pegadas de xabarín, corzo, londra....

O roteiro completase cunha visita a un muíño en funcionamento, a un castro e ao dolmen da Pedra Moura.


RÍO BARDOSO-BERBIA 13 de marzo

A xornada do 13 de marzo divídese en dúas partes.

Na mañan visitaremos o curso medio-alto do río Bardoso, ao seu paso pola parroquia de Montemaior. As marxes dos ríos poden ser  un bó exemplo dun excelente patrimonio aínda ben conservado. Este é o caso do curso medio-alto do Bardoso.

Ao patrimonio extrictamente arbóreo sumase o río. A estrutura fluvial en bó estado de conservación é a base dun dos ecosostemas máis interesantes para o estudo e conservación.

Este tramo de río está excelentente conservado grazas ás actuacións recentes do Concello da Laracha. As marxes manteñense limpas e en bó estado para disfrutar nunha época de ríos cheos de auga e son e de antigos muíños que nos transportan a tempos pasado de alta sociabilidade arredor deles.


A tarde completase coa visita ao bosque da Berbia, na parroquia carballesa de Entrecruces. Tratase dunha fermosa mancha na que habitan moitas especies arbóreas autóctonas a pesares da cada ves maior introdución do eucalipto e a acacia. Tamén teñen importancia varias especies de fento, algunha delas sen apenas evolución dende a época dos dinosaurios.





DÍA DA ÁRBORE


Á importancia simbólica sumase á xuntanza física para prantar as especies autóctonas. çE xa un clásico a celebración do día da Árbore no casco urbano de Carballo. Unha actividade familiar áque invitamos a todos e todas co ánimo da sensibilización polas especies dos nosos bosques atlánticos.

Será ás 11h nun lugar do casco urbano carballés onde pechemos este inverno e onde pechemos tamén estas XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 2016.

Este ano teremos ademais a COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS A FONTE SALGUEIRA DE VILELA-ENTRECRUCES  que nos cederá parte das prantas autóctonas ás que lle daremso un novo lugar.




INFO

Proxeccións: Entrada de balde ata competar aforo.

Sendeirísmo: De balde. Apuntamentos antes do venres anterior a cada unha das saídas. A través de teléfono  696155232  e por mail  sendanova@hotmail.com.

Saídas:

Día 6
 Concello da Laracha: 9:15     Concello de Coristanco  9:15       Rúa Venezuela Carballo: 9:30

Día 13

Concello da Laracha 9:45       Concello de Coristanco 9:00       Rúa Venezuela Carballo  9:30



INFO   696155232   sendanova@hotmail.com   ou facebook







BALDAIO CON AGARIMO



A lo menos, pode ser tamén un resumo, unha  avaliación que poderían facer as máis de cento e medio de persoas que se achegaron ao total de actividades, nas diferentes propostas destas xornadas de interpretación de Baldaio.

A climatoloxía só se encargou de suspender a saída co IES Parga Pondal.  Deste xeito, as alumnas e alumnos do IES Agra de Leborís da Laracha percorreron dun xeito interpretativo unha das praias máis grandes de Galicia, como previa da visita ao humidal de Baldaio. Antes fixérano os nenos e nenas do CEIP Fogar de Carballo: Un grupo de corenta e catro entusiastas camiñantes que deixaron a pegada do agarimo no espazo natural e a través do silencio.

E o venres chegaron as intervencións dende a aula.  Co local social da Imende como centro de operacións, fómonos achegando á lagoa de Baldaio a través dunha dura profesión, a de marisqueira, escoitando as verbas de María José Felípez.  Á dificultade do esforzo físico ven sumada á de innumerables trabas durante anos, que minguaron considerablemente a capacidade da ría para a produción de marisco: Extracción masiva de area, peche da ría durante a catástrofe do Prestige, entrada masiva de area enterrando ao berberecho por mor de cambios nas correntes …

Detrás destas problemáticas, vitais para esta forma de economía, hai actuacións humanas:


O coñecido bom construtivo dos anos sesenta e setenta, dou alas á tamén coñecida e masiva extracción de area en Baldaio e a unha resposta social que terminou por parar estas accións nunha ría xa ferida a través da desfeita.

Parece que o peche físico da lagoa para que non entrara o chapapote do Prestige non só foi agresivo polo material empregado para o peche, senón que condenou ao espazo a unha falta de reciclaxe da auga. Un dos motores da vida da lagoa.  Esta experiencia parece non sustentar as actuais comportas de peche dunha das zonas da lagoa que, se ben son avaladas pola Asociación de Mariscadoras como barreira para un exceso de entrada de area en zonas de aproveitamento marisqueiro, parece constituír só un parche a curto prazo dende o punto de vista do aproveitamento económico, e unha negativa e importante  barreira ecolóxica.

Precisamente, a masiva introdución de area é sinalada como unha das grandes problemáticas marisqueiras e unha das causas da alta mortandade. Moita xente parece coincidir no cambio das correntes  dende a construción do dique do porto exterior da Coruña.  O cambio nesta dinámica parece afectar a outras partes da costa achegada a unha enorme infraestrutura moi  cuestionada. Aínda así, a resignación en canto ás consecuencias ecolóxicas destas obras invitan ao pesimismo á hora de afrontarse con actuacións  vindeiras.

Aínda coa negativa herdanza e cun presente que non aprende dela, o valor ecolóxico de Baldaio séguese a manter alto. O espazo segue a ser un dos referentes da zona en canto a diversidade, destacando varios tipos de ecosistemas a protexer e estudar. Todos estes contidos foron expostos por Antón Vázquez, do Grupo Naturalísta Hábitat, que incidiu na importancia ornitolóxica do humidal en canto ás aves migratorias, cunha poboación importante de limícolas e onde aínda aniña a Píllara das Dunas, unha especie cun plan específico de recuperación que ten ben poucas zonas de cría en Galicia. Coincidiu na aposta pola economía sostible baseada nun aproveitamento marisqueiro de xeito tradicional e de renovación natural das augas sen comportas.

No achegamento ornitolóxico tamén estivo presente Antón, que nos repasou as especies máis frecuentes de Baldaio e achegou particularidades das mesmas, destacando a importancia de cada unha delas para o mantemento da ecoloxía do lugar.

Xan Fernández Carrera repasou, dende o local da Imende, o patrimonio cultural das parroquias que integran o espazo costeiro carballés.  O repaso realizouse basicamente dende o castrexo ao barroco e incluíu unha saída polos castros de Constenla e Castrillón e as igrexas de Lema, Noicela e Rebordelos. A avaliación de todo o percorrido foi positiva e puxo de relevo o potencial patrimonial de Baldaio.

A quenda do movemento asociativo veu representado pola Asociación Argazo e a ADCR Baldaio, ámbalas dúas cun volume importante de actividade. Destaca  Argazo na variedade máis cultural, con múltiples propostas para nenos e maiores, dedicadas á música tradicional. Ana María tamén nos mostrou a dificultade de mobilización que temos as entidades, sobre todo en entornos rurais.
José  Antonio, representando a ADCR Baldaio coincidiu nesta última visión e mostrounos o día a día da entidade a través dos equipos de fútbol e a Festa do Berberecho, unha das grandes propostas lúdicas dunha zona na que parece que (como a meirande parte dos espazos rurais) a perda da poboación é unha traba máis para a dinamización das parroquias.

 

Con todo, dende Senda Nova coidamos que o esforzo de cada unha destas persoas e entidades non é de balde. Coincidimos que se pode e se debe de facer moito dende a unión dos diferentes cabos para trazar unha rede que protexa Baldaio dende a premisa do potencial máis salientable: O ecolóxico.

Máis alá das posibles diferenzas de xestión do espazo, todo o mundo parece estar de acordo na excesiva presión humana do humidal, máis aínda coincidindo con climatoloxías atractivas, afectando negativamente á ecoloxía dos ecosistemas . Esta presión humana ven aumentada pola acción das mascotas, sobre todo os cans, dos que se queixan dende diversos colectivos, entre eles o marisqueiro ou de observación de aves, sendo  incompatibles cun aproveitamento ornitolóxico do espazo.  Aínda que en fase embrionaria, si parece ser este outro dos recursos importantes do humidal, vindo abalado por exemplos noutros países europeos.

Unha vez máis, as actividades de sensibilización ou de aproveitamento económico veñen bater coas condutas negativas dende accións por puro esparcimento: As sinais de prohibición para este tipo de animais son tachadas, arrincadas e sementadas case ao momento  polo espazo natural  en actos reiterados e intolerables.  As rutas a cabalo, a circulación polas dunas, os vehículos a motor, a práctica de modalidades de surf ou o  furtivismo, son outras das accións en contra do espazo natural.

Parece que a sensibilización poder ser o primeiro método co que traballar aínda que moitos tamén coinciden na vixilancia como algo a mellorar de xeito exponencial.

As facilidades de acceso con vehículos ata a porta da ría parece ser outro dos factores que inflúen en potenciar todas estas acción negativas que se suman aos restos de lixo en lugares de difícil limpeza.

Coincidimos en que mellor que a limpeza é contribuír a que non se teña que  realizar. Loitamos contra a comodidade de levar o coche sempre ata o destino. Exemplos non faltan nos que a maior distancia dos vehículos aos puntos de interese, maior é a conservación deses espazos. Baldaio non é diferente e necesítaos máis lonxe do humidal.

 

Con todo isto, dende Senda Nova  entendemos que Baldaio necesita un plan integral de conservación no que teñan cabida a economía sostible dentro dun uso tradicional. Un marco normativo específico no que se potencien as actividades interpretativas e de sensibilización e os recursos naturais para unhas actividades de turismo natural e cultural que teñan sempre como premisa a ecoloxía.

Pensar que cada un de nos non ten que mellorar nada dende o punto de vista ecolóxico, nin mellorará Baldaio nin nos mellorará como persoas. Nesa capacidade de autocrítica e de esforzo como individuos e como institucións,  está a base do futuro deste e doutros espazos.

Baldaio aínda nos ten moito que contar. Aprender del, con el, e para el,  quizá faga un espazo moito mellor e como non, mellores persoas para o futuro.

Moitísimas grazas a todas e todos os participantes. Moitísimas grazas a María José, Antón, Xan, Ana María e Jose Antonio.

Facelo con agarimo.




CAIÓN E LAXE ACHEGAN A VIDA MARIÑEIRA NAS HISTORIAS DE INVERNO



A quenda mariñeira non defreudou ao medio cento de persoas que se repartiron entre Caión e Laxe no que foron outras dúas produtivas xornadas de HISTORIAS DE INVERNO na comarca de Bergantiños.

No leste da comarca, na Laracha, tres rapaces: Guillermo Iglesias, Constante Caamaño e Ramón Morgade sustituiron aos narradores previstos anteriormente e contaban o pasado 21 de xaneiro sobre a historia recente de Caión dende a visión masculina.

No oeste bergantiñan, dende a vila de Laxe, tres rapazas: Dolores Vidal, Matilde Iberia e Mari Carmen Correa que lembraban dende o punto de vista feminino, a evolución da vila de Laxe dende os anos 40 ata os nosos días.

O mar tivo en cada unha delas, un tempo especial nas narracións e nas preguntas dos e das asistentes, que encendían a curiosidade a través dun vocabulario mariñeiro e unha forma de vida co porto como telón de fondo. As artes de pesca a través das décadas, as épocas máis dificiles e as festas foron outras temáticas onde o desenvolvemento foi máis longo por parte de cada un dos narradores e as narradoras.

Pasou rápido cada unha das sesións. Aprendemos moito e descubrimos moitas cousas que nos escondían cada unha das vilas mariñeiras de Bergantiños. E o que nos queda.


Agradecer moito a cada un dos narradores e narradoras e tamén, como non, aos presentadores: Marcos Amado e Alberto Caldas por todo o traballo previo.

Vémonos en Carballo.









BALDAIO, MÁIS CERCA



BALDAIO, MÁIS CERCA son unhas xornadas de interpretación das parroquias que conflúen no territorio de Baldaio: Lema, Noicela, Rebordelos e Vilela. celebranse dentro da programación do III INVERNO ANCESTRAL.

Dende fai anos, Senda Nova ven organizando xornadas que contribúan a poñer en valor o rico patrimonio que rodea aos humidais da Costa da Morte. As diferentes xornadas anuais viñeronse celebrando arredor de diferentes humidais de interese da comarca, coincidindo coa data do 2 de febreiro, Día Internacional dos Humidais. Nese día celebrase a data na que se adoptou a Convención sobre os Humidais: 2 de febreiro de 1971.


O humidal de Baldaio é un espazo vido a menos dende o punto de vista ecolóxico. A pesares diso e das diferentes problemáticas que presenta, o humidal carballés é un dos referentes dende o punto de vista ornitolóxico, recibindo migración de aves, sobre todo en época invernal. O mesmo humidal foi e é un territorio aproveitado económicamente dende hai anos dentro da profesión marisqueira.


Pero aparte do factor ecolóxico e lúdico polo que é máis coñecido Baldaio, cada unha das parroquias que o integra, ofrecennos importantes vestixios culturais aos que xa, dende outros programas de Senda Nova, nos achegamos en diversas ocasións. Importante patrimonio relixioso e castrexo salpica o afundido territorio de Baldaio.


Pero ademáis, esta zona costeira, vertebrada nunha boa morea de aldeas, mira cara o mar dende os labradíos e dinamiza o seu espazo rural a través de entidades formadas por voluntarios e voluntarias que seguen a programar actividade a carón do importante e coñecido humidal.


A todo esto nos queremos achegar. Unha visión a carón do espazo na que terán representación os diferentes faladoiros no local social da Imende e que proseguirán coas visitas interpretativas polo interior das parroquias e polo coñecido humidal.

Por outra banda, a programación de actividades previa semanal inclúe  diversas visitas ao espazo con diferentes centros de ensino de Bergantiños, no obxectivo de deixar pegada nas xeracións vindeiras da importante e variada riqueza desta parte  de Costa da Morte.


Agradecer de antemán a colaboración dos centros de ensino, das entidades colaboradoras e de xeito especial aos persoeiros que nos viran presentar, dende cada ámbito, un cachiño de Baldaio.


Os faladoiros e saídas interpretativas son de balde e de participación libre, adaptando o xeito de mobilización ao volume de participación.

Agardámosvos a todas e todos.

Máis info por facebook ou en sendanova@hotmail.com  ou   no tf 696155232










ALDEMUNDE E RECECINDE REFRESCAN A HISTORIA


Máis de vinte persoas se deron cita en cada unha das parroquias ( Aldemunde-Carballo e Rececinde-Coristanco) para refrescar a memoria da historia recente dos territorios bergantiñáns.

Os cinco narradores foron axudados por unha alta participación que contou cun bó número de persoas das mesmas parroquias.


Segue o interesante repaso da historia local a través das Historias de Inverno, unha xeira de faladoiros dentro deste III INVERNO ANCESTRAL.

A próxima parada será en terras da Laracha, en Caión. Alí nos vemos.







CERQUEDA, PATRIMONIO E PAISAXE


A proposta para a vindeira semana  viaxa a terras do Concello de Malpica de Bergantiños. Xosé Manuel Varela Varela e a Asociación de Veciños Monte d´Arxa de Cerqueda guiarannos un percorrido ata mediodía, polo patrimonio da parroquia de Cerqueda.

O patrimonio megalítico e castrexo son o eixo dun percorrido onde a paisaxe e as explicacións interpretativas farannos coñecer un territorio de alto valor patrimonial onde, dende  entre outras, a entidade veciñal ven traballando para a súa posta en valor.

Para apuntarte debes facer chegar a través de mail, watxapp ou mensaxea través do facebook os seguintes datos:

Nome e apelidos, DNI, tf.  Lembra que as prazas son limitadas e que se atenderá a orde de inscripción.

O bus sairá ás 9:15 dende a rúa Colómbia de Carballo. Consultar as saídas dende Coristanco e a Laracha. A ruta rematará antes da comida.

INSCRIPCIÓN GRATUITA


Máis info e inscripcións :

tf 696155232

mail: sendanova@hotmail.com



CAMIÑANDO E DE LEMBRANZAS


Se o viaxeiro soñou algunha vez coas terras interiores da Costa da Morte antes de ter entrado nunca en Carreira, ben podería a aldea de Zas, cumprir as expectativas do visitante. Se ademais, o viaxeiro  inquedo,  se achega nunha curta tarde de inverno, quizá poida recibir o agasallo autóctono da brétema pesada e o orballo fácil, que xa logo se mestura con esa noite que baixa pola ladeira do lado soneirán de Meda.

Despois de pasar a cabana de folla de millo, ben pode ter parado a ulir a humidade, a fixarse no encanto dalgún cabazo minimalista. Alí, diante da porta do local social de Carreira, foille fácil adiviñar as manadas de lobos baixando ao resgardo da brétema. Mesmo pareceu escoitar os cabalos entre os toxos. A vergoña do forasteiro e un lugar descoñecido e pantasma acompañan  aos estímulos. Agarda entón un intre antes de abandonar a friaxe de inverno. Repasa con reparo cada historia que podería estar a ocorrer, co que tería acontecido a carón dun toxo que se conserva diante das portas, que adiviña para estrar.

 

O calor calor chega ao abrir a pesada porta do antigo local social da Asociación O Santiaguiño de Carreira. En forma de temperatura, de animosidade e de acollida por parte da Banda de Gaitas Lembranzas de Bergantiños e da expedición de Senda Nova, que voltou este ano a organizar unha actividade que se perpetúa no calendario invernal e nas actividades ancestrais.

As xentes do lugar, arredor da asociación veciñal mostran con orgullo unha vez máis un museo do liño que manteñen de xeito exemplar e cunha variada mostra de amplo material histórico.

Escoita o visitante que vai vir o Apalpador e mentres observa a felicidade de nenos e nenas en interesantes dinámicas interpretativas da súa figura. Mentres, os maiores,  coidan unha lareira antiga que quenta  a noite co vestido de gala das máis puras lareiras galegas.

O local está cheo de xente e, desafiando á fría noite, nenos diante e maiores detrás, saen á búsqueda dun carboeiro galego que habita durante estes días nun Pico de Meda orgullo dos de Carreira. Máis de cen persoas enchen de actividade o que minutos antes eran corredoiras baleiras.

É entón cando os fachos acendidos baixan das corredoiras  da montaña. É entón cando a aldea se reitera no inverno ancestral. Cando as figuras das axudantes do Apalpador e do mesmo carboeiro se deixan ver na brétema de Zas.

Fálanos de respecto da natureza, de lobos, de xoguetes feitos a man. De liberdade, de montaña, dun consumismo que nos devora.

Os nenos de Carreira deixáronlle sitio á comitiva a carón do lume do local. No lugar repartíronse xoguetes e as sabedoras castañas coas que o Apalpador agasallou á rapazada.

Á música tradicional puxo a guinda á socialización e as nenas e nenos fixeron brilar os seus ollos no espello dun carboeiro entusiasmado pola acollida.

Disque lle contaron ao viaxeiro do agradecidos que estaban a Lembranzas de Bergantiños e a Asociación de Veciños O Santiaguíño de Carreira por todo o traballo.

Foi antes de despedirse. De pechar a porta e seguir camiño na noite escura.  Camiñando e de

lembranzas.


Máis fotos na nosa galería.





AS HISTORIAS DE INVERNO CHEGAN A CERQUEDA


Cerqueda recolle a testemuña das HISTORIAS DE INVERNO.  Xosé Manuel Varela Varela, un deses persoeiros aos que algún deus pareceu encargarlle a protección do patrimonio bergantiñán, foi o encargado de presentarnos a Manuel Bouzas, O Vinculeiro.

Xosé Manuel xogaba na casa e escaneou con variadísimas preguntas cada unha das temáticas expostas. Case dúas horas nas que disfrutamos da historia da parroquia de Cerqueda e tamén das lindeiras, grazas a procedencia e coñecemento xeográfico do narrador e tamén do presentador que, con referencias precisas formaban os interrogantes previos.


Moi grande a información da que gozamos no local das Pozacas de Cerqueda nunha tarde - noite de vento e auga. De xuro, como aquelas nas que O Vinculeiro contaba e escoitaba fai anos, nas lareiras das casas de Cerqueda e Santiso.

Mil grazas aos dous.





DIVERSIÓN ANCESTRAL


Se hai algunha forma de facer deporte, fomentar a creatividade, a organización entre grupos e de poñer en valor o patrimonio, sen dúbida, son os xogos tradicionais. Por iso dende Senda Nova voltamos ter unha xornada adicada a eles. Non é outra cousa que unha xornada de gozo, de pasalo ben maiores e nenos e nenas.

As canicas foi onde a rapazada tivo que exercitar máis o cerebro, sobre todo con un volume de participantes elevado. A carreira de sacos, recollida de carozos, tiro de boina, zancos e ata carreira de cintas ao lombo e en carretilla, unha tradición máis mantida en Asturies ao lombo de équidos.

Servío a imaxinación para varias interpretacións dos mesmos xogos e para aprender a organizarse entre entre nenos e nenas en canto aos códigos de cada un deles.

A corda sempre permitíu facer moitos usos dela e tamén os zancos, aínda que nestes, o uso limitábase na maioría das veces tan só en materse enriba.

Máis fotos na nosa galería.

Mañan en Cerqueda voltamos vernos.




BAIXADA DO APALPADOR DENDE PICO DE MEDA



Despois da visita ás escolas. Despois de deixarse ver polas rúas a noite do 24 e o 31 de decembro, o Apalpador camiñará ata as montañas de Pico de Meda, dende donde baixará o día 3 de xaneiro pola tarde.
Antes de que marche para O Courel e para despedilo teremos festa, xogos, agasallos e a fermosa música tradicional do grupo Lembranzas de Bergantiños.
Todo a partires das 17 h. no local social da Asociación de Veciños O Santiaguíño de Carreira, en Zas. Alí te esperamos.







CANCES ABRE AS HISTORIAS DE INVERNO


Miguel Anxo Calvo, O Mighelo, presentabanos onte día 22 as HISTORIAS DE INVERNO 15-16 e facíao na súa parroquia. Cances inaguraba deste xeito esta xeira de faladorios que permiten achegarnos dun xeito ameno e acolledor á historia recente de cada parroquia, e aos momentos entranables onde os nosos avós e avoas, transmitían ás xeracións novas toda a sabiduría popular.

O Mighelo fainos un pouco mellores aos que o coñecemos. O polifacético persoeiro de Cances é ben coñecido pola súa aportación artística nas rúas de Carballo e nas diferentes exposicións pictóricas de Bergantiños. Tamén é un coñecido colaborador en odas e cantas causas culturais, ambientais e sociais se proxectan na xeografía local.

Onte martes tiña a labor de presentar  Aurelio Castro Regueira, o narrador da tarde noite que botaba a andar as HISTORIAS DE INVERNO.

Aurelio, home sempre preocupado polo movemento social da súa parroquia, escaneou por completo a historia recente da mesma dun xeito ordenado á vez que paseniño. Ao modo de contar un fermoso conto, Aurelio foi repasando tema por tema ante as propostas do seu compañeiro de vila.

As preguntas dos máis de 20 asistentes e a histórica vinculación no mundo cultural e veciñal de Aurelio así como a profesión do narrador encheron de contido unha interesante tarde de inverno na parroquia carballesa.

Agradecer a todos e todas os que o fan posible e, deste xeito e dende Cances a Asociación San Campio de Cances por toda a súa labor dinamizadora, e a Mighelo e Aurelio por facernos un pouco máis participes da vosa parroquia.

Grazas.




COMEZAN AS HISTORIAS DE INVERNO


A xeira de HISTORIAS DEINVERNO é unha das actividades máis agardadas do INVERNO ANCESTRAL e hoxe martes 22 ás 19h. arrincan en Cances coa narración de Aurelio Castro Regueira presentado por Miguel Anxo Calvo.

Coma sempre nas diferentes parroquias da Costa da Morte. Igual que en anos anteriores, son os máis vellos do lugar os que nos narran as vivencias e a historia da súa parroquia a través de diferentes e interesantes temáticas axeitadas por un presentador tamén coñecedor da parroquia.

Unhas entretidas narracións que se manteñen para sempre no material gráfico recollido por Senda Nova e que se sumarán as parroquias participantes en anos anteriores.

Desta volta viaxamos a Caión, Cances, Lamas, Aldemunde, Cerqueda. Laxe, Carballo e Rececinde noutras tantas tardes de contos, lareira e café, nos locais sociais das súas parroquias.

Agradecer a colaboración dos narradores, presentadores e como non, entidades e concellos colaboradores.




INVENTANDO XOGUETES


O pasado sábado día 19 tivo lugar na carpa da rúa Colómbia o tradicional obradoiro de xoguetes tradicionais.     Avós, avoas, pais, nais e nenos e nenas achegaronse para aprender e ensinar a facer nos mesmos os xoguetes, os agasallos.

Demostramos, unha vez máis que non é necesario mercar xoguetes caros, feitos lonxe, nin modelos comerciais para divertirse.

Demostramos que a própia diversión tamén radica na construcción, na imaxinación ena interactividade do xoguete e a persoa. Coidamos que nestas épocas consumistas de vacacións e longas noites de inverno, temos tempo a aprender e ensinar, a imaxinar e construir a nosa ferramenta de xogo. Servirá tamén para non ser pasivo diante do xogo, para non caer nos grandes centros de comercio.

Unha boas more de xente fíxonolo saber o sábado pasado a través de bruxas feitas de paliños e semilla de eucalito. De teléfonos de corda e vasos. De tirachinas e tiraboghas conmateria prima natural De bonecas de trapo e paus...

O vindeiro domingo ás 16 h. no mesmo sitio será a quenda dos xogos tradicionais. Aprenderemos coa carreira de sacos e de zancos. Coa recolla de millo ou o tiro de boina.

Alí te agardamos.





GRANDÍSIMO RECIBIMENTO AO APALPADOR NAS ESCOLAS


O Apalpador deixou as escolas de Bergantiños cheo de satisfación polo grandísimo recibimento que tivo por parte dos nenos e nenas e toda a comunidade educativa.

O carboeiro do Courel visitou as escolas carballesas e coristanquesas entre o 14 e o 18 de decembro. Un total de 65 áulas de infantil e primeiro ciclo de primaria,  de case 20 centros de ensino participaron na acollida e nos agasallos ofrecidos a unha das figuras máis representativas do nadal galego: O Apalpador.

Foi máis dun oitenta por cento do alumnado máis novo de Carballo e Coristanco, o que participou cuns fermosos murais adicados a todo o que representa o personaxe do Courel. Un traballo de agradecer ao profesorado e aos concellos de Carballo e Coristanco. Comezou co estudo do que representan os obxectivos que amosa O Apalpador, dende varias semanas antes da súa visita:

O respecto pola natureza dende unha zona de alto valor ecolóxico como O Courel.

O fomento da creatividade dende a fabricación propia de xoguetes tradicionais e a posta en valor do xogo e xoguete artesanal feito a man, máis aínda, nunha época de claro exponente consumista.

O valor das relacións persoais dende os xogos tradicionais en equipa.



O Apalpador non tivo outra que agradecelo con eses mesmos xoguetes que fomenta e, dese xeito, agasallar ás áulas cun exemplar ben fermoso. Tamén con interesantes verbas que nos achegan aos obxectivos mencionados.

Foi unha semana intensa de acompañar a unha expléndida persoa que vive a natureza en estado puro. Que se conforma con ben pouco para poder seguir vivindo e que ten na súa propia forma de vida o exemplo que predica a unhas nenas e nenos de Bergantiños aos que adora xa un pouco máis.

Pero non se vai moi lonxe. Vai quedar en Pico de Meda, nas montañas de Soneira e, antes de voltar de novo ao Courel, baixará a recibir a todas as nenas e nenos que se acheguen ao Local Social do Santiaguïño de Carreira ( Zas) o domíngo día 3 de xaneiro . Alí o agardamos a partires das 17 h. Non o perdas.

Tes máis fotos do APALPADOR NA ESCOLA  na nosa galería.

Agradecer o esforzo e a adicación ao profesorado e toda a comunidade educativa pola acollida.







O MAGOSTO RECIBE O III INVERNO ANCESTRAL


Na tarde do sábado 12 de decembro recibimos o inverno na rúa Venezuela de Carballo. Máis de 50 persoas achegaronse para facelo a carón dun magosto traballado polas voluntarias e voluntarios da asociación.

Achegaronse representantes dos concellos colaboradores, nenos e nenas da Escola Ambiental, amigos da asociación, veciños e voluntarios; auténtico motor da asociación e do programa.

Media ducia deles foron os encargados de expoñer a xeira de actividades deste novo Inverno Ancestral. Un proxecto que se asenta nas costumes populares dos máis maiores e que ten como obxectivo principal a transmisión delas á sociedade e, de xeito especial, aos nenos e nenas da Costa da Morte. A posta en valor do patrimonio inmaterial é, por tanto, o eixe dende onde xira este proxecto con máis de 15 accións diferentes e con case 30 días de actividades espalladas polas comarcas de Bergantiños e Soneira.


HISTORIAS DE INVERNO

Unha gran parte do cartel compoñeno as HISTORIAS DE INVERNO, coma sempre nas diferentes parroquias da Costa da Morte. Igual que en anos anteriores, son os máis vellos do lugar os que nos narran as vivencias e a historia da súa parroquia a través de diferentes e interesantes temáticas axeitadas por un presentador tamén coñecedor da parroquia.

Unhas entretidas narracións que se manteñen para sempre no material gráfico recollido por Senda Nova e que se sumarán as parroquias participantes en anos anteriores.

Desta volta viaxamos a Caión, Cances, Lamas, Aldemunde, Cerqueda. Laxe, Carballo e Rececinde noutras tantas tardes de contos, lareira e café, nos locais sociais das súas parroquias.

Agradecer a colaboración dos narradores, presentadores e como non, entidades e concellos colaboradores.


APALPADOR NA ESCOLA

 Xa en anos anteriores viñamos traballando a figura do Apalpador dentro do Nadal galego. Este ano, a maiores queremos facer as visitas aos máis pequenos das escolas de Carballo e Coristanco. Facémolo coa colaboración de ambos concellos e tamén dos centros de ensino, con traballos previos sobre a figura do emblemático carboeiro galego.


XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS

 Tratase de xogar como o facían os nosos avós. Tamén de demostrar nunha época claramente consumista a necesidade de fabricar os propios xoguetes como ferramenta imaxinativa e de potenciación das destrezas do neno. Tamén o de fomentar a creacción dos xogos favorecendo a coordinación e a organización entre os máis novos en xogos comúns.


BAIXADA DO APALPADOR DAS MONTAÑAS DE MEDA

Como cada ano, o carboeiro galego baixa das montañas de Meda cargado de agasallos para os máis pequenos. Recibiremolo no local social de Carreira coa colaboración da Asociación de Veciños O Santiaguíño de Carreira- Zas. Xogos, música...todo nunha tarde no museo do Liño de Carreira.


CERQUEDA, PATRIMONIO E PAISAXE.

Un interesante e interpretativo roteiro de sendeirismo pola parroquia de Cerqueda guiado por Xosé Manuel Varela Varela e polos membros da Asociación de Veciños Monte d´Arxa, unha entidade que loita cada día pola posta en valor do seu patrimonio cultural.


XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DE BALDAIO

Como cada ano, coincidindo co DÍA INTERNACIONAL DOS HUMIDAIS,  poñémoslle o foco a un humidal da nosa contorna. Este ano tócalle o turno a Baldaio.

A través de saídas interpretativas con escolares e abertas ao público en xeral, polas diferentes parroquias que compoñen Baldaio intentaremos achegar a súa riqueza ao público bergantiñán. As actividades completaranse nunha intensa semana con charlas e outras actividades de áula.


EXCURSIÓN INVERNAL

Como peche de programa iremos de excursión a outros puntos peninsulares para ver de primeira man as vivencias invernais noutros lugares diferentes. O destino aínda está sen definir. Estade atentos e atentas porque seguro non vos vai defraudar.


 As diferentes actividades terán por separado un cartel informativo preciso para a súa participación.

Seguidenos... O III INVERNO ANCESTRAL XA COMEZOU.



Fermosa a tarde que pasamos arredor das castañas e dos amigos. Moitos contos, moitas historias das actividades contadas...moita xente e moitos amigos detrás deste longo programa que presentamos hoxe.

Agradecer a todos os participantes que nos acompañachedes e a todos os que por diferentes motivos non puidechedes facelo.


E este mesmo luns día 14 comezamos nas escolas de Bergantiños acompañando ao Apalpador.

Que gusto ver a nenos e nenas!




SEGUIMOS MEDRANDO NA ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA    



Fai xa varias semanas, dou comezo unha nova edición da Escola Ambiental de Senda Nova, un dos proxectos máis ambiciosos da entidade, dirixido a nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de primaria e levado a cabo integramente a través de voluntarios e voluntarias, ao igual que todas as actividades que se levan a cabo dende Senda Nova.

A Escola Ambiental é un proxecto no que se traballa cos máis pequenos ao longo de 8 meses (de novembro a xuño) cos obxectivos principais e básicos de achegar aos pequenos participantes ao seu entorno natural e cultural, a través de actividades que se realizan todas as semanas,como  rutas de sendeirismo interpretativas, sesións de aula, dinámicas na natureza, actividades culturais etc



Son xa varias as actividades que levan realizadas os maís de 25 nenos e nenas de Senda Nova nesta IV edición da escola, participaron xa en varias camiñatas, nas que pouco a pouco van mellorando a nivel físico e tamén a súa preparación e coñecemento para saír a natureza,  divertíronse e ampliaron coñecementos nas sesións de aula, e xogaron e disfrutaron nas dinámicas e xogos ao aire libre... aprendendo e demostrando o seu esforzo día a día.

Durante os 8 meses de duración do proxecto os nenos e nenas interesados en formar parte da actividade poderán seguir inscribíndose, xa que o prazo de inscripción está continuamente aberto, e poderán ir incorporándose nenos e nenas a Escola durante todo o curso.

É imprescindible que a suma de esforzos que fan que actividades como esta saian adiante, sigan manténdose e medrando día a día. Este proxecto sae adiante un ano máis grazas á implicación de administracións (Concello de Carballo e Deputación da Coruña), de cada un dos nenos e nenas participantes e as súas familias, aos cales dende un primeiro momento se lles pide colaboración e esforzo para seguir medrando, a todas as persoas que participan na difusión e na posta en valor da actividade, e como non, dos monitores/as e colaboradores que poñen o seu tempo libre para preparar as actividades, organizalas, e levalas a cabo. Sen toda esta suma de esforzos e compromisos sería moito máis difícil que proxectos deste tipo se puideran realizar.

Proxectos que funcionan e avanzan a base de motores cargados e movidos polas ilusións, valores, premisas e traballo desinteresado de quenes forman parte deles.

Animámosvos, pois, dende a entidade a todos e todas vós, pequenos e maiores, a participar, a colaborar, a difundir, e a formar parte do equipo Senda Nova.

                


 OUTRO OUTONO DE COMPROMISO



A bóbeda da capela de San Paio de Entrecruces puxo fin a outra edición do OUTONO EN MARCHA.  A construcción relixiosa máis antiga do Concello de Carballo foi o punto e final doutra xeira de roteiros co coñecemento, a interpretación e o aprendizaxe como denominador común.

A Ruta da Férvedas foi o destino dos máis de 70 camiñantes que desfixeron a xiada da capital de Bergantiños a base de pisadas e de pegadas inquedas. Pisadas de frío que se converteron en pasos armónicos pola depresión meridiana. Antes, ao cruzar a Brea, xa houbera punto interpretativo no peto de ánimas. Despois, alí na parroquia de Ardaña, comezáronse a suceder paradas de coñecemento no rural das parroquias da depresión meridiana.  A viaxe polo antigo camiño que unía as aldeas do tercio ten continuidade máis alá da fronteira coma meseta de Ordes, nunha vía que, co roteiro AS SENDAS DO APÓSTOLO,  chegaría a Compostela por antigas corredoiras.

Fermosas son as que quedan sen asfaltar no tramo carballés, nesta mesma Ruta das Férvedas. Tramos con antigos muros que a protexen da grande maquinaria pesada moderna. Fermosos exemplares de vexetación autóctona que a enmarcan na historia e na fermosura.

Camiñar por elas é retraerse na máquina do tempo. Máis aínda cando pasamos por xoias arquitéctónicas como a barroca Sta María de Rus, o templo carballés por excelencia. Tamén Ardaña e Entrecruces teñen adros bonitos presididos por igrexas e cruceiros que chamaron a atencios aos camiñantes de Senda Nova, moito máis aínda dos participantes de fora de Bergantiños e da Coruña. Certamente , esta edición do OUTONO EN MARCHA foi a da expansión da aprendizaxe en cada punto ao resto de Galicia. Moitas foron as persoas que se achegaron ao patrimonio bergantiñán da Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiños e Carballo a través das 6 propostas de camiñadas polo entorno máis lameiro. Pontevedra, Lugo, Vilagarcía, Compostela, Ames, A Coruña...foron algúns dos puntos dende onde os camiñantes se erguían un domingo, antes das sete da mañán, para participares nas andainas deste  IV OUTONO EN MARCHA.

Cumprimos obxectivos de novo e fixémolo como sabemos, coa intensa colaboración dos concellos de Coristanco, Carballo e a Laracha, coa axuda de Protección Civil de Carballo e coas gañas, ilusión tempo e traballo de Ángela, Alberto, Eva, Carmen, Manuel, Esther, Jorge, Moncho, Alba...e tantos outros voluntarios e voluntarias da asociación.

Grazas pois, de novo, a todos eles e tamén a todas e todos os que nos abriron as portas do seu patrimonio rural e nos fixeron partícipes do mesmo. A nos e ao exército de nenos e nenas cos que tanto compromiso temos e tedes.

      

Vémonos pronto. 





BOA MARCHA NAS RUTAS DE OUTONO


 

O IV OUTONO EN MARCHA  segue a súa andaina polas corredoiras de Bergantiños.

 

VÍA ALCAIANUS

O pasado día 15 de de novembro a lagoa de Alcaián dábanos a saída na VÍA ALCAIANUS onde as terras bergantiñáns se xuntan coa meseta do Xallas. A lagoa atopase hoxe reprimida en canto á súa lonxitude orixinaria mais as lendas sobre os lugares asolagados perviven aínda na memoria das xentes de Coristanco.

A camiñada tivo continuas paradas interpretativas, a mayoría de carácter cultural. Desenvolveronse principalmente no castro de Arixón e no pazo de Rodeiro mais outra das principais características do percorrido son as fermosas corredoiras antigas polas que pasa e nas que en moitos tramos formaron parte das antigas vías orixinarias dos romanos.

Cada punto era interpretado por Evaristo e tamén por Laura Mariño Taibo, unha das deseñadoras do roteiro e natural de Seavia. Ela abríu en todo momento a marcha e tamén as portas da aldea de Buxán e da casa dos Taibo, que nos acolleron todos e todas coa infinita hospitalidade que nos acostuman cada vez que pasamos polo lugar coristanqués. Alí cobramos folgos co bocata e cos postres caseiros que nos regalaron.

A tarde pasou a través da ponte Lubián. O fermoso paso que cruza o Rosende é de construcción medieval aínda que ten unha orixe romana na súa cementación, e xa en Carballo, recibiunos Cernide. A aldea natal da capital de Bergantiños conserva restos do castro e do cemiterio pero non do antigo Carballo que lle dou nome á vila. Despois a Brea ( verea), lugar de paso de antigos camiños e sitio de panadeiras e panadeiros que dan nome ao Pan de Carballo. O bosque do Añon foi o lugar de entrada na vila carballesa e remate dun expléndido día de domingo no que se xuntaron máis de oitenta camiñantes comprometidos coa cultura e o medio.

TRALAS PEGADAS DO WOLFRAMIO

O día ameazou dende a saída na igrexa de Oza. Non tardou en chover e fíxoo xa no cercano lugar das Torres, unha antiga fortaleza da que quedan só os restos dunha capela.

Dende o lugar do Rodo vemos o castro de Serantes, no medio da agra de Oza. Pasando a aldea metémonos no do Rodo, unha construcción castrexa nun alteiro e cuns parapetos defensivos considerables. Outro castro observamos dende Nión. Trátase do castro do mesmo nome que se ve no fondo da depresión meridiana, ese accidente xeográfico do que sempre nos fala Evaristo e que se converte en “ portela de Razo” xusto na zona de Vilar do Cidre. Moi interesante foi a exposición sobre este lugar feita por Jose Antonio Andrade, que nos falou da súa relación con Francia dende tempos Napoleónicos.

Foi a previa á gran costa que sube a Monteneme e, onde os máis de corenta  sendeiristas desafiaron á choiva de novembro.

Antes do cumio duas paradas obrigadas:

A Casa das Minas. Un bó lugar para a interpretación máis minuciosa do que puido supoñer o wolframio na zona. Un sitio onde se pode apreciar a bocamina de acceso a unha galería de explotación.

A segunda parada ten que ver coa fonte de Sta Cristina. Alí houbo unha capela e parece ser que, como tantos, foi lugar de culto pagano e posteriormente cristianizado.

No alto de Monteneme agardabanos a Eira das Meigas. Ademais do círculo lítico recentemente deteriorado, atopábase un bó volumen de concienciados habitantes das parroquias de Cambre, Cances, Oza, Razo e Leiloio. A idea era xuntarse a ciclistas e representantes de asociación culturais, deportivas, de vecinos…etc…para resaltar os valores naturais, culturais e paisaxísticos da fermosa balconada de Bergantiños: Monteneme.

Foi Xan Fernández Carrera o que se encargou de resaltalo e o acto foi pechado cunha foto conxunta e unida de todas as entidades e persoas que, desafiando á climatoloxía, xuntaron forzas por Monteneme. Máis dun cento de persoas comprometidas.

Na baixada cara Cambre recuperamos forzas debaixo do plástico improvisado que nos gardou da choiva. Foi sinxelo xa que cos comprometidos que subiron no coche atopouse Dosinda. Ben lle agradecemos as larpeiras e o café que nos subíu e co que fixemos un postre baixo os pinos de Aviño.

Despois foi máis sinxelo. Parou de chover e cruzamos o rego do Riás antes do último esforzo ata a igrexa de Cambre onde nos agardou de novo a choiva e o bus.

                 

RUTA DAS FÉRVEDAS

O 29 pecharemos outro OUTONO EN MARCHA. Farémolo por terras carballesas na RUTA DAS FÉRVEDAS, un fermoso percorrido pola Depresión Meridiana ao que vos invitamos a participar. Estades a tempo!!

   

Jose Manuel Menéndez

  




MOSTRA O AMOR POR MONTENEME


O vindeiro domingo 22 de novembro coincidindo co roteiro de sendeirísmo AS PEGADAS DO WOLFRAMIO terá lugar un ACTO SIMBÓLICO  de posta en valor dos valores naturais, culturais e paisaxísticos  da balconada máis importante de Bergantiños.

O acto celebrarase ás 13 h, no alto de Monteneme. Ao evento, convocado pola Asociación Ambiental Senda Nos veciñais e culturais das parroquias que conflúen no espazo así como outras deportivas e culturais de carácter comarcal como o Instituto de Estudos Bergantiñáns.

Dende a Asociación Ambiental Senda Nova convidamos aos veciños e veciñas de Bergantiños para  esta xuntanza simbólica e para mostrar o apoido ao emblemático monte bergantiñán.







NOVA PRESENTACIÓN DE "VÍA ALCAIANUS"



O pasado mércores día 11 de novembro, tivo lugar no local social de Couso unha nova presentación do roteiro "Via Alcaianus", ruta encadrada neste IV Outono en Marcha que vimos levando a cabo na entidade dende o pasado mes de outubro.

Durante a presentación, na que estiveron presentes Laura Mariño e Lorena Rojo, deseñadoras do roteiro, e Jose Manuel Menéndez, presidente de Senda Nova, repasouse de novo o percorrido, destacando os valores culturais e ecolóxicos que vertebraron o deseño da ruta así como os obxectivos onde se enmarca o deseño deste proxecto.

Camiñaremos este vindeiro domingo día 15 por un tramo da antiga vía romana "Per Loca Marítima" e chegaremos a través do  antigo Camiño Real, a importantes lugares de gran interese como a Ponte Lubiáns, o Castro de Arixón, o Pazo do Rodeiro e a Lagoa de Alcaián entre outros moitos puntos de interese que unen e vertebran o percorrido.

Aproveitouse tamén o acto, para agradecer unha vez máis, a todas as persoas e entidades que fan posible que actividades e programas coma este saían adiante. Voluntarios e voluntarias de Senda Nova que poñen o seu tempo libre para deseñar, organizar e dinamizar as actividades, Administracións como a Deputación da Coruña e Concellos, no caso do IV Outono en Marcha o Concello de A Laracha, Concello de Coristanco e Concello de Carballo que apoian e colaboran co proxecto; Voluntarios e voluntarias da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Carballo,   e como non,  aos participantes e persoas que se interesan nos programas de actividades de Senda Nova e colaboran na súa difusión e participación.

Vémonos pois, este domingo día 15 na seguinte ruta deste IV Outono en Marcha, vémonos en Via Alcaianus. Apúntate !






POR ARDAÑA E ARTES


Fai anos que o rexío de Gontade nos recibe ao comezar a ruta de TERAS DO MARQUÉS. Alicia e o seu pazo son o lugar de partida dun percorrido moi moi cheo de contido que escanea a historia das fértiles parroquias carballesas de Ardaña e Artes.

En Gontade existe o pazo máis antigo de todo o concello. Aqueles posuidores fidalgos extendían os seus dominios a noventa  ferrados. Contan que ata a Saleta de Silván. De xuro que todo o que percorremos ata chegar á igrexa parroquial de Ardaña foi daquela afortunada familia pudinte antepasada dos agora habitantes da mesma contrucción.

Á igrexa chegamos por antigas corredoiras . Antes, a parada obrigada na capital da parroquia en un cruceiro que compite en importancia cultural coa propia igrexa parroquial. Moi cerca de alí é un bó miradoiro para divisar a depresión meridiana. Sempre nos fala Evaristo dela como un dos accidentes xeográficos máis importantes do país. O reputado profesor de Zas e eterno caminante fallou nesta andaina, mais lembrámonos das súas verbas cando o terreo se puxo costento e o val de Ardaña se vía fermoso e completo dende a aldea de Quintans. O núcleo é un bó exemplo dunha aldea contruida nun lugar ecolóxicamente perfecto para o aproveitamento das mellores terras de cultivo das agras máis baixas e o uso forestal das terras máis altas do monte da Peniqueira. O tercio é o lugar onde se asentan as poboacións máis antigas das parroquias de Ardaña, Rus e Entrecruces, unidas por unha fermosa senda e unha línea imaxinaria que une as tres igrexas.

A pendente abriuse diante para subir á Peniqueira e para acoller ao animoso grupo de 30 rapaces e 4 monitores que forman a Escola Ambiental de Senda Nova e que estreaba gañas, ilusión e compromiso no primeiro día de clase e primeira clase ao aire libre.

Sorprendeulles que enterraran os mortos alá tan arriba. O alto da Peniqueira alberga dous dos túmulos funerarios que salpican a xeografía da Costa da Morte e moi cerca, no Coto do Castro, unha antiga aldea castrexa que recibe varios nomes segundo a parroquia dende onde se fale. O castro da Peniqueira ou de Martín Díaz fai divisoia entre Rus , Ardaña e Artes, sendo lugar xa onde o antigo marqués de Vilardefrancos extendía os seus dominios.

Ata alí chegamos, ata o Pazo que leva o seu nome, mais a primeira visita foi para un carballo milenario que nos acolle sempre de xeito especial e nos deixa abrazarnos a el unas sete persoas para poder medir o seu perímetro. O Carballo de San Antón ten dentro moitos anos e lendas adicadas  ao amor. Voltou a sorprender a fermosura do inmenso vexetal e debaixo e entre os raios de sol, puidemos facer o avituallamento.

O Pazo de Vilardefrancos é grandioso. Cando un entra no seu recindo pode respirar osixeno medieval que nace na súa torre, orixe dunha construcción fermosa e inmensa. Sen dúbida moito ten que ver o coidadísimo exterior que nos ensina cada ano Chema, unha desas persoas que demostra compromiso en cada viaxe que facemos ao  lugar e que nos abre e se pon a nosa disposición, en canto necesitamos  aprender todo este fermoso patrimonio.

As sobreiras do rego do Calvelo foron outra parada. A igrexa de Artes e o Pazo das Pallas. Alí rematamos a andaina. Alí,  na parroquia de Artes. O percorrido servíu para xuntar esforzos de 70 camiñantes que se enlamaron de novo nas corredoiras de Bergantiños. Aproveitas o texto para reiterar de novo as grazas polo compromiso a Alicia e á xente do Pazo de Gontade e a Chema e á xente do Pazo de Vilardefrancos por virnolo abrir dende tan lonxe. Sempre e tantas veces.

Ata a próxima.

         

Jose


 

PRESENTACIÓN DE VÍA ALCAIANUS

Un percorrido cheo de cultura  entre os concellos de Carballo e Coristanco. Unha senda que une antigas pontes, castros e interesantes humidais para o estudio da súa historia e ecoloxía.

Este será o vindeira parada do IV OUTONO EN MARCHA do vindeiro domingo. Isto é o que presentaremos este mércores día 11 ás 20h no local social de Couso-Coristanco. Achégate ao percorrido e aos contidos da man das deseñadoras do mesmo Laura Mariño e Lorena Rojo.

Vémonos en Couso.




COMEZA A IV EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA


Hoxe, sábado 21 de outubro, dou comezo unha nova edición da Escola Ambiental de Senda Nova á cal lle demos a benvida entre os numerosos apuntados, familias, representantes do concello e membros da entidade, no Pazo da Cultura de Carballo.

Con moita ilusión achegámonos con detalle ao que vai a ser esta Escola Ambiental, que actividades van a realizar e sobre todo con que obxectivos, que non son outros que os de coñecer e poñer en valor o noso patrimonio e a nosa natureza da forma máis amena e divertida posible.

Durante 8 meses, dende novembro a xuño, vamos a realizar unha actividade semanal cos nenos e nenas da Escola, esta actividade poderá consistir nunha sesión de aula ou nunha actividade no medio natural, como roteiros de sendeirismo, dinámicas na natureza, e outras actividades moi diversas.

Nesta primeira toma de contacto tamén houbo un oco para coñecer mellor aos novos compañeiros e monitores e de paso romper un pouco o xeo, cunhas dinámicas e uns xogos de presentación.

Comezamos pois, un novo ano cheo de ilusións, de novas ideas, de esforzo e de ganas. Comezamos xa cun grupo moi numeroso de nenos e nenas, e queremos que esto siga sendo así durante toda a Escola Ambiental, polo que durante todo o ano haberá a posibilidade de que todos aqueles e aquelas que queiran formar parte da escola, poidan seguir apuntándose e desta forma poder cubrir as prazas das posibles baixas que poida haber ao longo dos 8 meses.

Esta actividade, como todas as demáis que realizamos dende Senda Nova, saen adiante grazas á unión de forzas e a colaboración de moitas persoas, comezando polos participantes e as súas familias, que demostran o seu compromiso e esforzo dende un primeiro momento, pasando polo apoio das administracións como neste caso a Deputación da Coruña e sobre todo o Concello de Carballo, que por cuarto ano consecutivo apoia este proxecto, e rematando por todos os voluntarios e voluntarias que sacan adiante esta actividade , e en xeral, todas as actividades de Senda Nova. Voluntarios e voluntarias que poñen o seu tempo libre como monitores e monitoras, como colaboradores e colaboradoras, pais e nais que comezaron traendo aos seus nenos e nenas ás actividades e rematan por ser parte do núcleo organizativo da entidade e sendo monitores da Escola Ambiental. Grazas a todas as persoas que se interesan, apoian e difunden, este tipo de actividades poden sair adiante.









ESTREOUSE O IV OUTONO EN MARCHA COA 

SENDA DAS CAPELAS

Sesenta camiñantes estrearon horario de inverno viaxando á parroquia larachesa de Montemaior.

Tratabase do pistoletazo de saída dun novo programa de roteiros de outono, o OUTONO EN MARCHA,  que , desta volta, cumpre a súa cuarta edición.

A xornada abríuse na carballeira de Sta Margarida, a carón da santa que " todos os males cura" e seguíu cara O Viso por camiños entre fértiles agras de labradío polas que de xuro outrora se pagaba en especias á condesa da torre do Viso, construcción da que só queda a súa cementación.

O sol esforzabase entre os carballos mais as corredoiras coseguiron reter a humidade e a historia para camiñar ao fresco nun día de ceo limpo, e para situarnos nos tempos de axetreo de carros polos viais de Montemaior. Por iso nos foi fácil entender a historia do castro da Pena. O vestixio atópase situado nesa máquina do tempo que Evaristo encende á primeira a través de baterías cargadas de ilusión. Foi máis sinxelo o percorrido ao pasado grazas aos restos de construccións prerromanas e tamén, á presenza na expedición de todo un Xan Fernández Carrera, estreandose na lama das actividades de Senda Nova e dandolle cor a todos os matices interpretativos. 

A ruta chegou ao fermoso espazo da Pena, a súa capela e ao seu bonito entorno. Faciao antes da visita a unha desas persoas que da sentido ás nosas actividades a través dos antigos oficios: María. Unha desas mulleres laboriosas que segue a día de hoxe a realizar as labores de cesteira a través de antigos e novos materiais.

No circuito entre capela e capela aínda nos quedaba a de nosa señora de Cumiáns antes de comer. Ata ela chegamos polo outono máis representativo, debuxado no chan de follas entre leiras e un bosque que ben pode resumir o entorno da própia capela de Cumiáns. Sen dúbida, o lugar ten un encanto especial, místico. A  paisaxe e a propia construcción están cargadas de lendas antigas e afirmacións veraces que conxuntan un espazo cargado de contido.

Seguimos camiño escoitando historias a través dos persoeiros da parroquia. Sonia, Jose Ramón ( un dos própios autores do deseño do percorrido), escaneabannos cada paso pola súa parroquia e Jesús, voltou a abrirnos a súa casa para desmenuzarnos a historia do seu curtidoiro contada dende a pasión propia e unha humidade do entorno que nos transportaba ata 1858, nos anos que a industria do curtido comezou a funcionar en Cumiáns. Entre a hospitalidade de María e o ruxe ruxe do fermosísimo muíño, completamos unha visita chea de contidos e interpretación. 

Máis tarde veu o tramo do río. Unhas beiras recuperadas polo concello para o disfrute e o coñecemento. Un tramo moi bonito e saltarín que nos metía na parte final do percorrido, nas terras máis altas da parroquia.

Foi Baldomir o lugar no que se abríu a pendente para vivitar a fonte de ouro, un territorio polo que pasa un antigo e importante camiño pola divisoria de augas. A anchura dos muros e a dreitura da vía dan fe da entidade. Alí arriba aproveitamos para a foto de grupo nunha leira que ben podería ser un fondo de pantaia ( como tantos), en cada ordenador persoal que mantemos na nosa cabeza e nos nosos corazóns. Ben podería levar un milenario carballo, como o de Outeiro. Comprobamos a súa beleza xusto antes de chegar á igrexa parroquial de Sta María Madalena, unha interesantísima construcción cun retablo espectar. 

Fin da historia por hoxe mentes facemos os imprescindibles exercicios de estiramento guiados por Alba. 

Para o domingo, voltamos á costa, viaxamos a Baldaio. Xa tarda.


Jose











BOTASE A ANDAR O IV OUTONO EN MARCHA 


O martes 20 de outubro de 2015 ás 20 h. presentabase o IV OUTONO EN MARCHA na parroquia de Erbecedo, no concello de Coristanco. Á presentación asistiron representantes dos concellos de Carballo, A Laracha e Coristanco, colaboradores do programa de roteiros dende o seu inicio. Tamén asistiron voluntarios e voluntarias de Senda Nova e diverso público que se achegou ao local social situado na parroquia coristanquesa.

Un total de seis percorridos compoñen un novo programa de rutas que se asenta no calendario sendeirista de Bergantiños e que se presenta con reiteradas propostas de coñecemento, interpretación do patrimonio, sensibilización ambiental e espírito de aventura e convivencia, un dos valores que resaltamos, reiteramos e que tamén valora a masa de participantes que actúa nas propostas.

Senda das capelas, Razo-Baldaio para protexer, Terras do marqués, Vía alcaianus, As pegadas do wolframio ou a Ruta das Férvedas son os percorridos establecidos para un outono cheo de vida sendeirista. Un percorridos deseñados con paciencia e agarimo por voluntarias e voluntarios da entidade.

O programa de roteiros será publicitado na comarca a través de edificios públicos e entidades privadas e , sobre todo, nos centros de ensino. Realizarase  tamén a través dunha presentación fotográfica onde se mostra a visión doutras edicións do programa de rutas de outono.

Máis adiante tedes para descargar o material gráfico editado para o proxecto. Nel veredes as formas de inscribirse así como obxectivos concretos e lugares de inscripción. Tamén tedes neles información sobre o equipo a levar a cada actividade, dificultade de cada percorrido e forma de realizalos.

Agradecementos especiais a todos e todas as entidades e persoeiros que facedes posible este proxecto.

Comezamos este mesmo domingo na Laracha !


Para máis información non dubidedes en contactar connosco a través de facebook, mail, o tf 696155232.


descarga aquí o cartel


descarga aquí o tríptico cara a



descarga aquí o tríptico cara b





PRESENTACIÓN DO IV OUTONO EN MARCHA


Follas secas mentres camiñas, lama nas botas e nas corredoiras, brétema fría nas mañáns de domingo...

Chega o outono e chega con marcha: Chega  IV OUTONO EN MARCHA.

Estás convidado á presentación o vindeiro martes día 20 de outubro ás 20 horas no local social de Erbecedo-Coristanco.

Comezamos!!










O martes día 6 de outubro comenzamos a través dos colexios de primaria a informar aos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º, 6º curso da posta en marcha da ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA, unha remodelación do Obradoiro Ambiental Sendas Carballo que amplia obxectivos a prol do traballo polo coñecemento do patrimonio da nosa poboación máis nova.

A ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA sae adiante co apoio das administracións e sobre todo co pulo dos voluntarios e voluntarias de Senda Nova, nun encaixe de bolillos que se extende a pais, nais, titores e propios participantes, encargados da vida do proxecto.

As sesións, unha por semana, proxectanse os sábados ou os domingos e abarcan practicamente o longo do curso escolar, nun ambicioso proxecto que abrangue ata xuño, a través de sesións de áula e no exterior, dando vida a través do deporte e o xogo, a actividades de contacto coa natureza e de espírito de convivencia.

En cada sesión informativa nos colexios entregamos unha volantina na que os alumnos poden facer a preinscripción. Tal e como ven no propio folleto, poden entregala entre os días 21 e 30 de outubro os mércores, xoves e venres de 16 a 19 h. na rúa Venezuela nº 12 Carballo.

Aquí tedes máis información ou no teléfono 636326083.






Moi pronto: IV OUTONO EN MARCHA

Atentos e atentas: Comezan as rutas de sendeirismo. Moi pronto teredes máis información.






GOZANDO CON VENADOS E COMPAÑEIROS


Setembro rematou e con el un novo VERÁN AO NATURAL,  como todos, co espírito de convivencia e o contato co medio natural como denominador común dentro de actividades para todos os públicos.

Comezabamos no mes de xullo coa tradicional ruta nocturna onde nos achegamos ao hábitat do lobo intentando unha desmitificación do animal dende actividades de contacto co medio, e onde destacan as pernoctas ao aire libre. Non foi a primeira vez, aínda que seguimos a pensar que a especie merece un respecto e unha proteción dende a poboación máis achegada.

Como o achegamento ao medio necesita de coñecementos cartográficos, voltamos a desenvolver as  XORNADAS DE INICIACIÓN Á CARTOGRAFÍA E ORIENTACIÓN,  desta vez con record de participación e con vontade de avanzar no coñecemento xeográfico noutras actividades de contidos máis profundos. As parroquias de Bergantiños foron testemuña das prácticas dos participantes e as corredoiras, lugares de paso nos exercicios.

Sen dúbida, a actividade máis agardada a BERREA 15. A viaxe  a Asturies nun entorno incomparable estaba previsto nas axendas de moitas persoas que, a través das rutas de sendeirismo e , sobre todo, a través da Escola Ambiental, mantiveron como referencia  a última semana de setembro para disfrutar da época en celo dos venados astures. Como noutras ocasións, desta volta a entidade tiña que dobrarse en esforzos organizativos, e foron moitos os que decidiron apostar polos ríos na mesma fin de semana  na VIII LIMPEZA SIMULTANEA,   que desta volta e en Bergantiños, nos levaba á limpeza no Rego da Balsa carballés. 14 persoas foron as que se mollaron polos nosos cauces e varias decenas de refugallo o retirado do rego carballés. Moitos dos seus participantes, rapazada nova, atenta ás actividades e sensibilizada grazas a laboura dos seus proxenitores, foron os protagonistas da xornada.

Sen dúbida, os que máis tiñan que contar foron os nenos e nenas que o domingo á noite chegaban de volta cansados de noites durmindo nos montes asturianos. Entre a néboa llavianesa intuiuse un pequeno exercito de comprometidos galegos que se misturaron coa outra metade da expedición residente no país cantábrico. Entre todos, 32 condimentos para unha sabedora ensalada con aroma a interculturalidade , ilusión e gañas por disfrutar e sentir a Berrea deste ano.

Aínda que a subida cara a zona de avistamento facía entrever na noite a posiblididade dun gran número de individuos grazas aos berros dos machos, a néboa da mañán escondeu toda posiblididade de avistamento máis aló dos 40 metros. As tendas vivac sí se vían por veces e a intuición dos participantes sobre a paisaxe máis cercana,  viaxaba máis aló de calquer posibilidade de roteiro.

Aínda que o día abríu e os máis intrépidos conseguiron o premio do orgullo no alto da Xamoca despois dunha fermosa pateada por varios concellos lindeiros,  o atardecer voltou tornar gris e a pecharse de brétema.

Pero por arte dunha máxia traballada na velada nocturna do sábado, amenceu un domingo ventoso que, a base de soplos de aire  do norte limpou os montes da Ortigosa deixando ver 25 novos venados.  Maioría de femias e crías. Cada unha delas dende un telescopio que nos facía tocar a través da lente, cada unha delas, a través duns ollos desexosos de disfrutar do espectáculo.


O camiño de volta servíu para os contos, as divertidas anecdotas e os desexos dun novo setembro para gozando de venados, venadas, compañeiras e compañeiros.


VIII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS

O vindeiro domingo día 27 de setembro, dende a Asociación Ambiental Senda Nova participaremos na VIII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS  organizada por ADEGA en toda Galicia.

En Bergantiños escolleremos o Rego da Balsa, ao seu paso por Carballo para realizar a limpeza do rego á vez que unha ación de concienciación cos nosos ríos.

A actividade comezará ás 10:30 horas no parque do Rego da Balsa e extenderase toda a mañán. Xuntaremonos alí todos os voluntarios e voluntarias que desexen participar nesta limpeza.

Deberás apuntarte chamando ao tf  639549361 Manuel . Deberás traer calzado e roupa axeitada e unhas luvas


Aquí tes máis información da actividade e das accións noutros puntos de Galicia.


http://adega.gal/web/axenda.php?id=260&idioma=gl&sec=11


Agardámoste


XUNTANZA ORGANIZATIVA


Este vindeiro xoves ás 20:00 teremos no Pazo da Cultura unha importante xuntanza organizativa na que trataremos das vindeiras actividadesa desenvolver e tamén comezaremos co que serán as novas programacións que comezarán no vindeiro outono. 

Achegate, participa.


                                        RUMBO NORTE


Remataron as IV XORNADAS DE INICIACIÓN Á CARTOGRAFÍA E ORIENTACIÓN na capela de S. Hadrián da Piña despois de percorrer os territorios lindeiros entre os concellos da Laracha e Carballo.

Rumbos, coordenadas, curvas de nivel, camiños ríos... foron escanedos por 23 participantes o pasado sábado día 8 de agosto no que foi a última sesión deste clásico de verán que se enmarca no VERÁN AO NATURAL 15 e que ten como obxectivo principal achegarse á xeografía do territorio a través de mapas, brúxulas e outras ferramentas básicas de cartografía e orientación.

O grupo, heteroxéneo en canto á idade, xa comezara o mércores día 5 coa introducción aos mapas, ao que lle seguíu a sesión de brúxula celebrada o xoves. Para o venres deixamos as prácticas con ámbolos dous elementos principais. O sábado, a división por grupos fixo a mañán moito máis entretida coa búsqueda de puntos no territorio. Desta vez, escolleronse as parroquias de Bértoa, Berdillo, Sofán, Artes, Cabovilaño e Vilaño.

O record de participación das xornadas e a implicación das persoas asistentes invita á reflexión para organizar máis accións deste tipo cunha cronoloxía máis ampla que permita unha maior profundización dos contidos. Sen dúbida, esta actividade complementase á perfección coas demais do programa VERÁN AO NATURAL 15, un conxunto de iniciativas que teñen como denominador común o respecto do entorno a través dun contacto pleno coa natureza.

Dende agora mesmo xa estamos na preparación da acción máis ambiciosa do ano en canto á contacto co entorno: A Berrea.

A viaxe a Asturies desenvolvese a través dun contacto pleno coa natureza local e as súas xentes, con pernoctas ao aire libre en plena época de celo dos ciervos. A altitude e o entorno ( cerca do Parque Natural de Redes) fan inigualables as vivencias. As horas de avistamento dos ungulados e a contabilización dos mesmos poñen imaxen aos berros nocturnos dos grandes machos cérvidos.

 Moitos son os interesados nesta iniciativa que estades poñendovos en contacto para recibir información. Lembrarvos que o  entorno e o desenvolvemento da actividade requiren un número máximo de participantes polo que as prazas son limitadas.

https://www.flickr.com/photos/39934841@N05/20509103445/in/dateposted-public/


Para inscribirvos necesitades facer un ingreso bancario pero antes debedes de chamar ao tf 696155232 para informarvos das prazas dispoñibles e do xeito de facelo.

Ánimo coa actividade, xa queda  menos.


Aquí tes máis fotos

https://www.flickr.com/photos/39934841@N05/sets/72157654816546213






DURMINDO CON LOBOS



A xuntanza do día anterior serviunos para situarnos de xeito virtual na atmósfera natural que nos atopariamos en Meda. Os montes galegos posúen no alto millóns de estrelas e nos, planisferios en man, queríamos coñecer algunhas delas que nos sirven na orientación na noite. Mais non foi posible. Atoparse de cheo coa atmósfera típica galega de nubes grises é algo moi común, aínda en xullo.

Escurecianse os ceos a cando elas cando saímos do Rabiñoso, nos lindes de Zas con Coristanco e comezabamos a subir a empinada costa que o separa da cima de pico de Meda, unha das balconadas máis fermosas da Costa da Morte. A temperatura baixaba pero os case 30 participantes nesta ruta nocturna só o sentiron nas paradas interpretativas, posto que o esforzo ascendente era importante.

Alí cerca do cúmio comezamos a sentir. O lugar escollido afastabase o suficiente para que os eólicos que presiden a paraxe, non contaminaran co seu ruido artificial o exercicio dos camiñantes. Servíu tamén para descansar a parada,  mais os aventureiros galegos pensaban cos ollos pechados sobre as historias e importancia do depredador por excelencia, dese ser que o día anterior marcara as inquietudes dos asistentes á xuntanza: O Lobo.

Atrás do vento desapacible que chegaba dende Corme e de cada ladrido dos cans en Xordíns adiviñabamos algunha femia cos seus lobiños, quizais algún individuo escapado da manada... Os minutos para sentir, para observar, para escoitar o silencio, viaxaban na mente de cada un dos integrantes da expedición de Senda Nova.

Os máis pequenos viviron de xeito especial o cámbio de latitud e de paisaxe ao remontar a cima do monte. A espesa néboa e os cabalos salvaxes da ladeira de Zas atoparon aliado no vento para crear o clima perfeto para considerarnos " perdidos na nada".

O percorrido rematara e chegaba a hora de buscar un mínimo acubillo para pasar a noite. Antes quedaba a cea, compartida entre compañeiros e compañeiras de andaina, entre luces de gas e entre os fermosos carballos que envolven a ancestral capela de San Roque do Monte. 

A construción, ata ben pouco refuxio de gando, é centro de devoción e de festa cada verán. Como tantos vestixios relixiosos, foi feito a carón dun culto antigo: Os que adoraban á auga. Neste caso, unha fonte que respira vida. Unha abundante canle de conxelada auga que ferve en cada un dos nosos organismos.

Bebémola ao día seguinte, cando se fixo día. Quizá as historias contadas na velada nocturna evitaron que cada un dos que compoñían a tribu de Senda Nova se alonxara do resto do grupo.

Ao mellor algún lobo se escondía detrás dos toxos... Quizá nos sentiron cantar e contar chistes. Pode que lle gustara a visita e que lles sorprendera o son daquela guitarra. 

Seguro que se coñecen a sensibilización de cada un dos aventureiros, o poderían comprobar.


Na nosa galería tedes máis fotos.





O VERÁN AO NATURAL BÓTASE ANDAR CON FESTA


descarga aquí o cartel  ( info do programa máis abaixo)


Tempo de foliada, de reflexión de 6 meses de programación, e de máis de 50 días de actividades no camiño da sensibilización. Unha festa que serve de recompensa a un esforzo para voluntarios e voluntarias da entidade e colaboradores, que se achegaron ata a rúa Colombia de Carballo para dirsfrutar da sabedora parrilla, da inigualable compaña e dos 13 postres presentados ao concurso de postres.

Máis de 150 persoas pasaron durante todo o día pola carpa montada para a ocasión, aínda que a música tradicional e o karaoke con improvisados artistas foron as accións que máis divirtiron aos presentes.

Antes diso, o foco púxose na reflexión sobre os últimos meses de actividades. Os programas do II INVERNO ANCESTRAL,  as SEMANAS DE NATUREZA E PAISAXE, as XORNADAS DE INTERPRETACIÓN DOS BOSQUES 2015 e outras moitas actividades con colexios, maiores, limpezas de praias...reflexaronse nun vídeo-resumo deste comezo de ano de excelente dinamismo.

De todo destacou a ESCOLA AMBIENTAL. Os nosos nenos e nenas que toman o parón de verán como tempo de aumentar a súa progresión de coñecemento do medio a través das actividades cun marcado obxectivo de convivencia.

Rapaces, monitores e pais recibiron o recoñecemento mutuo, o encaixe de bolillos necesario para que as programacións se pechen con éxito. Foron os nenos os que levaron a lembranza a través dun diploma.


Albino Borrazás grañou o premio da rifa. Un premio onde estiveron presentes libros de coñecemento do noso entorno máis cercano. Leti Castiñeiras tivo que repartir o premio ao mellor postre con Zaira e Álex, nun concurso onde o xurado se tivo que empregar a fondo a causa da gran calidade e presentación das obras de arte participantes.
















VERÁN AO NATURAL 15

 E un ano máis comeza o programa que ven continuar un traballo na asociación onde o SENDEIRÍSMO É O NEXO PRINCIPAL E A FERRAMENTA MÁIS POTENTE PARA OS OBXECTIVOS DA ENTIDADE. 

Na continuación das actividades sendeiristas, damos un pasiño máis e programamos a RUTA NOCTURNA, unha marcha de 10 km de noite polos montes de Zas, a carón do cosmos e do lobo. Será este vindeiro día 11 e a saída será dende Carballo ás 21 h.

Haberá unha xuntanza o día anterior para todos aqueles que estén anotados. Terán o obxectivo de achegarse á actividade e a dúas accións que fomentaremos durante a mesma: O achegamento a especie do lobo e as nocións básicas sobre o cosmos.

O roteiro ten o final  nunha pernocta ao aire libre. Deberase traer, ademais do equipo normal, un saco de durmir. O xoves será o último día para anotarse. 12€, 8€ Tes máis info no tf 696155232.


AS XORNADAS DE INICIACIÓN Á CARTOGRAFÍA E ORIENTACIÓN celebraranse o 5,6,7,8 de agosto e teñen como obxectivo dotar aos participantes duns coñecementos básicos en materia cartográfica e de orientación que permitan desenvolverse con soltura no medio natual a través dun mapa e unha brúxula. Inscricións de balde ata dus dias antes.


BERREA 15

A actividade desenvolvese cerca do Parque Natural de Redes, en Asturies, onde se atopa  amaior concentración de ciervos da península. A berrea é a época en celo desta especie e a actividade consiste en disfrutar do sonido que emiten os machos así como o avistamento e contabilización dos mesmos a través de equipos ópticos. Todo nun ambiente de convivencia con grupos doutras comunidades.

25, 26, 27 de setembro.  Inscripcións ata 3 días antes 75€/65€      55€/45€



Máis información 696155232  sendanova@hotmail.com ou  através desta mesma páxina



FOLIADA SENDA NOVA



Deste xeito despedimos os programas de primavera: a VI Primavera en Ruta  e as Semanas de Natureza e Paisaxe así como facer o descanso de verán da ESCOLA AMBIENTAL.

Por todo isto teremos a carpa chea de nenos e nenas e por todo isto aproveitaremos o momento para presentar o novo programa que xa está no forno: O VERÁN AO NATURAL 15.


Todo con condimento, con música tradicional, con asados, con concurso de postres e con fotos e anécdotas de cada un de nos.

Pecharemos o día coa Asamblea Xeral Extraordinaria e co único punto a aprobación da modificación dos estatutos da entidade ao que aproveitamos para convocar a todos os socios e socias da mesma. 20:15 primeira convocatoria, 20:45 segunta convocatoria.

Pasadevos pola festa e se queredes comer connosco apuntadevos vía teléfono antes do xoves 2:

620655130 Leti    696155232 Jose     12€ , ( menores de 14 anos 8€)



REMATAN AS SEMANAS DE NATUREZA E PAISAXE

Este pasado venres, remataban na parroquia de Oza as Semanas de Natureza e Paisaxe, que dende a asociación vimos realizando dende o mes de Abril. Foi nun obradoiro de observación e convivencia, no cal uns 15 rapaces e rapazas xunto cos voluntarios/as da entidade, compartimos horas de xogo, diversión, convivencia e superación.

Dende as 19:00 horas, os participantes, cargados co seu material para pasar a noite e sobre todo, cargados de ilusión, deron comezo a unha sesión chea de xogos e dinámicas, na cal aprenderon tamén a utilizar e montar material de sendeirismo e montaña, material para pernoctar fora, e se prepararon e mentalizaron para pasar todos xuntos unha noite chea de emocións e novas experiencias. 

Xusto antes do anoitecer comezaron a montar as suas tendas vivac, e a preparar os seus sacos de durmir, esterillas e demais, para que, cando fora hora de deitarse, estivese todo preparado.

Sobre as 22:30 horas dispuxéronse a cear todos xuntos ao redor dunha luz de gas, compartindo as ricas comidas que os seus pais e nais lles prepararan durante o día. Unha auténtica clase de convivencia e de bo facer a que nos deron os máis pequenos.

    

Despois de cear, aproveitamos para inspeccionar a zona, facendo unha pequena camiñada de uns 25 minutos. Cos frontais e lanternas apagados, percorremos antigas corredoiras e camiños polo medio do monte, e démonos conta de como a nosa vista se acostuma á escuridade e que realmente non había por que ter medo. Paxaros piando na noite, estrelas fugaces, o ruxir do vento movendo as follas das árbores, lucecús, un auténtico paraíso moi preto das casas, que puidemos descubrir grazas a escuridade e o silencio da noite. 

Despois de rematar a pequena excursión aos arredores da zona de pernocta, fomos todos para as nosas tendas, nas cales os participantes máis grandes coidaron dos máis pequenos, e como non, aproveitaron para falar e compartir momentos de diversión.

Ao día seguinte, xusto despois do amencer, recollemos todos xuntos o campamento, e preparamos o almorzo. Mentres disfrutábamos dun vasiño de leite quente e de outras lambonadas, aproveitamos para falar e compartir a nosa opinión sobre a actividade, a nosa experiencia, e así sacar as conclusións da mesma e seguir aprendendo e mellorando. 

Sobre as 10:00 h. demos por terminado o obradoiro, e por tanto, finalizaba así, a primeira edición das Semanas de Natureza e Paisaxe ,que naceu e se levou a cabo grazas á colaboración de moitos socios/as e colaboradores/as da entidade, que nos ofreceron as súas ideas e a súa colaboración, para desta forma, sacar adiante actividades tan interesantes como o Obradoiro de Bioconstrucción de Elena e Roberto, o achegamento á apicultura de man de AGA, a iniciación á fotografía paisaxística con Patricia, e as actividades que realizaron os voluntarios/as da entidade como a charla de Herbas mediciñais cos alumnos/as do CEIP Bergantiños, a saída ornitolóxica cos alumnos do CEIP Bormoio-Agualada, e o Obradoiro de Observación e convivencia co que pechamos o programa de actividades. 

Agradecer, unha vez máis, a todas as persoas que fixeron posible que este programa saíse adiante, participantes,pais, nais, colaboradores/as, socios e socias, e  voluntarios e voluntarias da asociación, sen este encaixe de bolillos, non sería posible realizar nin estas, nin todas as outras actividades. Grazas.